Continua a actividade na Liga Local de Futbol Sala coa disputa o vindeiro domingo día 29 de Xaneiro da duodécima xornada da competición. Unha xornada na que os equipos que loitan polo título de liga non deberían ter ningún problema para superar aos seus rivais.
As catro da tarde arrincará a xornada co Estanco Maricarmen, líder da competición, enfrontándose a un Ribadeume con gañas de dar a sorpresa.
As cinco o segundo clasificado, A Cova dos Trasnos, enfrontase a un Pinturas Colormix en horas baixas que tamen busca dar a sorpresa.
Ás 18:00 horas o Bar Calvo, equipo mais goleador da presente tempada,non debería ter maiores problemas para superar ao N.G. UB2 Futsal, equipo mais goleado e ecolista da competición cun só punto no seu casilleiro.
Ás 19:00 horas terá lugar un mais que interesante e igualado encontro entre o Matojoma-Las Torres e O Esteo F.S. “B”, onde ambos conxuntos, situados en terra de ninguen, buscaran a victoria para coller mais distancia cos últimos postos da clasificaión.
No derradeiro encontro da xornada a Unión Futbol Sala tentará seguir na terceira posición da táboa clasificatoria e para iso teráse que enfrontar ao Husse-Barbarroja nun partido que se prevé que sexa moi disputado, algo polo que se caracteriza a ámbolos dos conxuntos.
A continuación os horarios dos encontros desta xornada.
XORNADA Nº 12
16:00 h. RIBADEUME F.S. – ESTANCO MARICARMEN
17:00 h. PINTURAS COLORMIX – A COVA DOS TRASNOS
18:00 h. N.G. UB2 FUTSAL – BAR CALVO
19:00 h. MATOJOMA-LAS TORRES – O ESTEO F.S.
20:00 h. UNION FUTBOL SALA – HUSSE-BARBARROJA
Nova cortesía de Moises Fernández