A COVA DOS TRASNOS RECUPERA EL LIDERATO EN LA LIGA LOCAL DE FUTBOL SALA DE AS PONTES

O pasado domingo disputouse a duodécima xornada na Liga Local de Futbol Sala de As Pontes, xornada na que houbo cambios no mais alto da Clasificación Xeral proviosional propiciados pola derrota do líder.

O pasado domingo disputouse a duodécima xornada na Liga Local de Futbol Sala de As Pontes, xornada na que houbo cambios no mais alto da Clasificación Xeral proviosional propiciados pola derrota do líder.

A xornada empezaba con sorpresa xa que o Ribadeume F.S. conseguía derrotar ao Estanco Maricarmen por 5 goles a 4. Nun encontro con alternativas no marcador e que a falta de seis minutos para o final rexistraba un empate a 3 enton o Estanco Maricarmen decide ir a polo partido sacando porteiro xogador á pista, estratexía que daría os seus froitos no primeiro ataque realizado poñendo no marcardor 4-3 favorable ao Estanco Maricarmen. Pero o Ribadeume F.S. non se deu por vencido en ningún momento e non só logrou volver a empatar o partido senon que nunha xogada na que o porteiro se fai có balón, este dispara a portería vacía, a falta de un minuto para a finalización do encontro, conseguindo o gol que daría a victoria ao Ribadeume F.S. e dexaría ao Estanco Maricarmen sen capacidade de reacción polo que o resultado final do encontro sería de 5 goles a 4 a favor do Ribadeume F.S.

A continuación o Pinturas Colormix case consegue restarlle puntos a A Cova dos Trasnos, nun partido no que o Pinturas Colormix soupo manter igualado ata case o pitido final e que chegou a ter opcións de victoria pero a acumulación de faltas foi decisiva porque a falta de minuto medio para a conclusión do encontro con empate a dous no marcador o Pinturas Colormix cometeu a sexta falta e polo tanto deulle a opción A Cova dos Trasnos de tirar un doble penalti que este non desaproveitaría para subir o definitivo 3-2 ao marcardor. Con este resultado A Cova dos Trasnos volve ao mais alto da clasificación.

Ás seis da tarde o Bar Calvo demostrou porque é o equipo mais goleador da presente campaña tras golear ao colista N.G. UB2 Futal por 11 goles a 2 nun encontro no que o interés estaba posto en se Airon xogador do Bar Calvo sería capaz de poñerse ao frente da táboa de goleadores pero non foi asi e comparte esa posición con Diego Polo xogador de A Unión Futbol Sala.

Ás sete da tarde enfrentabanse Matojoma-Las Torres e O Esteo F.S. “B”, encontro moi igualado onde ambos conxuntos buscaron a victoria dende o principio e que se decanto a favor do Matojoma-Las Torres que a poucos segundos para finalizar o encontro aproveitou un saque de falta rápido que pillou desprevenidos aos xogadores de O Esteo para desfacer o empate e así gañar o partido por 7 goles a 6.

No derradeiro encontro da xornada o Unión Futbol Sala conseguiu vencer ao Husse-Barbarroja por 4 goles a 1, victoria que lle sirve ao Unión Futbol Sala para manter a terceira praza na clasificación.

Con respecto á loita por ver quen será o máximo goleador da tempada ai un empate técnico a 23 goles entre Diego Polo do Unión Futbol Sala e Airon do Bar Calvo, o seguinte nesta clasificación particular é Santi tamen do Bar Calvo con 17 dianas.

LIGA LOCAL DE F.S. AS PONTES TEMPORADA 2016/2017

XORNADA Nº 12

5 RIBADEUME F.S. ESTANCO MARICARMEN 4
2 PINTURAS COLORMIX A COVA DOS TRASNOS 3
2 N.G. UB2 FUTSAL BAR CALVO 11
7 MATOJOMA-LAS TORRES O ESTEO F.S. “B” 6
4 UNION FUTBOL SALA HUSSE-BARBARROJA 1

CLASIFICACIÓN

POSTO EQUIPOS PX PG PE PP GF GC PUNTOS
A COVA DOS TRASNOS 12 9 1 2 48 22 28
ESTANCO MARICARMEN 12 8 3 1 47 35 27
UNION FUTBOL SALA 12 8 2 2 47 26 26
BAR CALVO 12 8 1 3 65 26 25
MATOJOMA-LAS TORRES 12 7 0 5 52 42 21
O ESTEO F.S. “B” 12 4 1 7 31 48 13
RIBADEUME F.S. 12 4 1 7 43 53 13
HUSSE-BARBARROJA 12 3 3 6 33 37 12
PINTURAS COLORMIX 12 1 3 8 29 44 6
10º N.G. UB2 FUTSAL 12 0 1 11 23 80 1

GOLEADORES

DIEGO POLO (UNION FUTBOL SALA) 23 Goles
AIRON (BAR CALVO) 23 Goles
SANTI (BAR CALVO) 17 Goles

Nova cortesía de Moises Fernández

También podría gustarte
Comentarios