Amigus
As Pontes

Prestige, crónica negra dun modelo enerxético insostible

Chéganos outra nota de prensa do CEIDA:
O CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) inaugura hoxe, día 31 de maio, ás 20 horas a exposición ‘Prestige, crónica negra dun modelo enerxético insostible’.


Dita exposición xurde da colaboración do CEIDA coa Fundación ‘Territori i Paisatge’.
Carlos Vales, director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e Jordi Sargatal director de la Fundación ‘Territori i Paisatge’ darán unha rolda ese mesmo día, martes 31, ás 12:30 horas para presentarlle aos medios de comunicación dita exposición.
Pasaron máis de dous anos dende a catástrofe ambiental do petroleiro Prestige, o 19 de novembro do 2002. O impacto deste suceso no medio natural e socio-económico foi evidente. A sociedade (voluntarios, mariñeiros, a plataforma Nunca Máis…) traballou para restablecer a normalidade.
O CEIDA e a Fundación Territori e Paisatge queren divulgar nesta exposición todo o que pasou por aquelas datas, axudando a descubrir o que debemos aprender todos para que estes feitos non se volvan repetir.
Esta exposición pretende dar a coñecer as consecuencias reais do vertido de fuel do Prestige para reflexionar sobre os problemas ambientais que provoca o noso consumo de enerxía. Ademáis quere estimular como fin último que os visitantes podan participar para propor novos comportamentos comprometidos que vaian cara un modelo enerxético máis sostible ambientalmente.
A exposición ‘Prestige, crónica negra dun modelo enerxético insostible’ está composta por 14 paneis de 200 cm x 100 cm que falan das mareas negras, do Prestige: un barco antiguo, do transporte marítimo internacional, do que necesitamos cambiar, do impacto no medio natural e no medio socio-económico, da limpeza do fuel, da recuperación ambiental, do noso modelo enerxético baseado no petróleo, do petróleo dentro de 40 anos, da resposta da sociedade civil, do aforro, a eficiencia e as enerxías renovables, entre outros temas… ademáis a mostra inclúe unha proxección audiovisual que relata a crónica da traxedia, maquetas (sobre as aves mariñas afectadas e dun petroleiro de casco simple e dobre), dunha reproducción a escala dun barril de petróleo e panel explicativo da súa viaxe, dun módulo coa indumentaria dun voluntario e tamén un módulo de participación para que os visitantes asinen e fagan propostas.
A exposición permanecerá aberta ata finais de xuño de luns a venres en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas e os sábados de 11:30 a 14 horas.
CEIDA Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Castelo de Santa Cruz s/n 15179 Liáns Oleiros
Tel. 981 630 618 Fax. 981 614 443
www.ceida.org
ceida@ceida.org

También podría gustarte
Comentarios