Amigus contra as Velutinas

No noso afán de cooperar coas asociacións que o precisen, tivémola sorte de poder usalos nosos coñecementos para reparar unha trampa para velutinas da Casa do mel e así poñelo noso gran de area para a loita contra esta especie invasora.

Tamén queremos dar a coñecer que a nosa asociación dispón de adaptadores para fabricar trampas caseiras para calquera persoa que estea interesada en axudar nesta loita. Se estás interesado podes poñerte en contacto con nós no correo amigus@amigus.org

Máis adiante subiremos algunha nova para a fabricación destas trampas.

También podría gustarte
Comentarios