ACTIVIDADES CLUBE DE PIRAGÚISMO GRUPO XUVENIL PARA O DESENVOLVEMENTO DO “PLAN RESPONSABLES”.

O Clube Grupo Xuvenil de piragüismo foi selecionado pola Federación Galega de piragüismo para a o desenvolvemento do “Plan Corresponsables” financiado pola Vicepresidencia segunda e consellería de presidencia, xusticia e deportes.Dito plan promove a conciliación e igualdade de oportunidades para mulleres e homes con fill@s menores a cargo, facilitando uns servicios con actividades de animación socio deportivas para nenos e nenas de 6 ata 16 anos de idade, ó tempo que fomenta a práctica deportiva entre os xovenes. Estas actividades desenrolaranse a través dos distintos programas deportivos das federaciones deportivas gallegas para a anualidade 2023, co obxeto de millorar a vida cotidiana das familias equilibrando o seu tempo laboral, familiar e persoal.O clube de piragüismo Grupo Xuvenil conta cunha estructura técnica e as instalacións necesarias que permiten ofertar a conciliación e a igualdade de oportunidades para pais e mais con fill@s menores a cargo. É polo que ofertamos de maneira altruista uns servicios, con actividades deportivas para nenos e nenas desde 6 ata 16 años de idade e o mesmo tempo fomentar a práctica deportiva entre @s rapac@s, achegándoos ás distintas modalidades:

Actividades acuáticas: Kayak, dragon boat, kayak polo.

Actividades deportivas variadas: natación, carreira a pé, sendeirismo, xogos populares.

Actividades para traballar a psicomotricidade e coordinación.

Realización de rotas en kayak, para coñecer o entorno e concienciar sobre a importancia do respecto e coidado da natureza.

Estas actividades levanse a cabo dende o pasado mes de xullo e extenderanse ata o 30 de novembro, estando a cargo de técnicos e monitores titulados en piragúismo e Educación física.

 

 

Nova cortesía do Grupo Xuvenil.

También podría gustarte
Comentarios