Amigus
As Pontes

RESULTADOS DO CLUBE GRUPO XUVENIL DE PIRAGÜISMO NA III REGATA CIRCUITO PROVINCIAL DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

Ames 5 de Agosto de 2023.

O pasado sábado día 5 de agosto celebrouse no río Tambre na Praia de Tapia (Ames) a terceira regata provincial valedeira para o circuito deputación de A Coruña na que participaron máis de 250 padexeir@s das categorías prebenxamín, benxamín, alevíns, infantís e cadetes. O clube Pontés desprazou a 11 padexeir@s e estes foron os seus resultados:

-Javier Filgueira Fernández acadou o 1º lugar na categoría home prebenxamín.

-Unai Penabad Galdo clasificouse primeiro na categoría home benxamín.

-Xoel Timiraos Picos gañou una categoría home alevín “A”.

-Daniel Ferro Franco clasificouse 8ª na mesma categoría despois de sufrir un volco na ciaboga cando ía en 2º lugar.

-Xalo Romero Valle acadou o 2º lugar na categoría home infantil “B”

-Na mesma categoría Xalo Cascudo Montes clasificouse en 3º lugar.

-Omar Penabad Galdo acadou o 2º lugar na categoría home infantil “A”, na que Adrián Filgueira Fernández e Bruno Tojeiro Asenjo clasificaronse 6ª e 14º respectivamente.

-Carmen Alén Bellas acadou o 4º posto na categoría muller Cadete.

-Antia García Pico chegou no 11º lugar na mesma categoría.

Na clasificación xeral por clubes o Grupo Xuvenil acadou o 8º lugar.

 

Nova cortesía do Grupo Xuvenil.

También podría gustarte
Comentarios