ADESTRAMENTOS DE ALEX MONTERO COA SELECCIÓN GALEGA
O xogador pontés estivo concentrado coa selección galega alevín esta fin de semana en Teixeiro
O xogador pontés do Esteo FS, e tamén do CD As Pontes, Alejandro Montero Peteira, tivo unha concentración esta fin de semana coa selección galega alevín de fútbol sala.
Dende o venres ás 17:00 ata o domingo ás 15:30, quince xogadores estiveron concentrados en Teixeiro para realizar diversos adestramentos.
O Campionato de España Alevín terá lugar na localidade abulense de Arévalo a segunda fin de semana de Abril.
Nova cortesía de Xose Ferreiro