LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

Fisioterapia DC-HIM&HER continúa de líder na liga pontesa

Despois do parón obrigado polo temporal, xogouse esta fin de semana a 14ª xornada da liga de fútbol de veteranos en dous días de moito vento, frío e algo de chuvia. A xornada 13ª disputarase os días 18 e 19 de marzo.

Vitoria pola mínima (3-2) de Fisioterapia DC-HIM&HER sobre Mobles Eume, un resultado que afasta ós mobleiros da loita polo título, xa que agora mesmo están a 11 puntos do líder e a cinco do segundo clasificado, La Galaxia, que nesta xornada gañou por goleada a MMYPEM. Tamén goleada de Farmavida sobre Electricidad J&O (3-0). Sorprendente a vitoria por 4-2 de Mesón A Cepa ante As Pontes 74, o mesmo resultado que se deu no choque entre Bar Xardín e Galiorient.

É primeiro na clasificación con 33 puntos Fisioterapia DC-HIM&HER, seguido de La Galaxia con 27. Despois están Mobles Eume con 22 puntos. Empatados a 19 puntos atópanse As Pontes 74 e MMYPEM. A continuación hai un empate a 17 puntos entre Galiorient, Farmavida e Bar Xardín. A Cepa suma agora 12 puntos e pecha a clasificación con 8 puntos Electricidad J&O.

Iván, de Fisioterapia DC-HIM&HER, é o máximo goleador, con 22 tantos. A dous (20) está Fernández, de A Cepa. Tomás, de Galiorient, totaliza 12. Once levan marcado Martín (Mobles Eume) e Fontao (La Galaxia).

Na vindeira xornada, a décimo quinta, hai choques interesantes, destacando Farmavida-Mobles Eume e Galiorient-La Galaxia.

14ª XORNADA 11-12 / Febreiro / 2017

Farmavida – Electricidad J&O (3-0)
Rafa (2) e Pita
Fisioterapia DC-HIM&HER – Mobles Eume (3-2)
Iván (2) e Miguel / Diego e Miguel
Bar Xardín – Galiorient (4-2)
Pedro (2), Cabanela e Luis / Vituco e Tomás
A Cepa – As Pontes 74 (4-2)
Fernández (2), Andrés e Lolo / Raúl e Víctor
La Galaxia – MMYPEM (4-0)
Juan (2), Vituco e Sito

15ª XORNADA 18-19 / Febreiro / 2017

Electricidad J&O – A Cepa (Sáb. 18, 19:00 h)
Farmavida – Mobles Eume (Sáb. 18, 19:00 h)
Bar Xardín – As Pontes 74 (Dom. 19, 10:00 h)
Galiorient – La Galaxia (Dom. 19, 11:00h)
Fisioterapia DC-HIM&HER – MMYPEM (Dom. 19, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios