Amigus
As Pontes

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS FS (3-3)

Empate do equipo pontés, que segue sexto con 28 puntos antes de visitar ó Benavente

Reparto de puntos no encontro xogado na tarde de onte no Pavillón da Fraga entre ponteses e valdeorreses.

Noutro sábado no que os espectadores locais tiveron que decidir entre fútbol e fútbol sala, comezaban adiantándose os de Javi Saa, tras un tiro de Héctor a saque de esquina, que Corzo desviaba a gol, e logo nunha boa xogada de equipo Púas anotaba o segundo, a pesar de que os visitantes recurtaban distancias antes do descanso por medio de Cris.

Ampliaba o ventaxa no segundo tempo Rober Paz, cun precioso tanto no que picaba o balón ante a saída do porteiro, pero os visitantes, que chegaron a estrelar ata tres balóns nos postes, voltaron a recurtar distancias, por medio de Corzo, que se resarcía do gol en propia meta.

Xa nos derradeiros minutos, con porteiro xogador, O Esteo tivo ocasións para sentenciar, pero foron os visitantes nunha boa xogada colectiva, que rematou cun tiro lonxano, outra vez de Corzo, os que poñían o 3-3 definitivo no marcador.

O Esteo segue sexto con 28 puntos, e a semana que vén visita ó Benavente, equipo que comezou moi abaixo, pero contando con un xogador de Primeira como Charlie, agora atópase xa fóra dos postos de perigo, oitavos con 22 puntos.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Iván, Jaco, Gerardo, Rober Paz, Alex Garea –cinco inicial- Púas, Héctor, Pedro, Jandro.

PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS FS: Maelo, Dilin, Corzo, Josiño, David –cinco inicial- Petolas, Adrián, Cris.

ÁRBITROS: Manteiga Rodríguez, Carreira Rodríguez (A Coruña), Prados Caamaño (Ferrol). Amarelas a Gerardo, Maelo e Dilin.

GOLES: Min. 11 (1-0), Héctor. Min. 18 (2-0), Púas. Min.18 (2-1), Cris. Min. 26 (3-1), Rober Paz. Min.34 (3-2), Corzo. Min. 39 (3-3), Corzo.

INCIDENCIAS: Décimo oitava xornada de Liga do grupo primeiro da Segunda División B, quinto da segunda volta, disputado no Pavillón Municipal da Fraga, ante máis dun cento de espectadores.

LIGA DA TERRA CHÁ

INFANTIL: O ESTEO FS 1 – A PONTENOVA 7

BENXAMÍN: O ESTEO FS 2 – CASTRO 1

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios