Amigus
As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDO 13 / ABRIL / 2017

En partido da xornada 34ª adiantado a este xoves, o As Pontes xoga no campo do Roxo ante o Cerceda

Coa sensación da boa imaxe amosada o pasado domingo diante do Choco, o que supuxo a quinta vitoria do cadro azul na liga, os ponteses viaxan a Cerceda coa pretensión de sacar un resultado positivo, aínda que son conscientes do potencial do Cerceda, equipo en posto de “play off” (3º con 61 puntos) e que esta tempada venceu no Poboado por 1-3 na copa Federación e 1-5 na liga.

En terreo de xogo cercedense o As Pontes só gañou unha vez, na tempada 1999/2000 por 0-2. Empatou en tres encontros, a última a pasada tempada (1-1), e os oito restantes foron vitorias do Cerceda.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (34ª xornada)
C.C.D. CERCEDA – C.D. AS PONTES
CAMPO DO ROXO (Cerceda)
Xoves 13 de Abril de 2017 (18:00 h)
ÁRBITRO: GONZALO VILLANUEVA CARBALLO (Pontevedra)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios