TERCEIRA DIVISIÓN. CCD CERCEDA – CD AS PONTES (2-1)
O As Pontes perde pola mínima na súa visita ó terceiro clasificado.
O As Pontes perde pola mínima na súa visita ó terceiro clasificado.
Derrota do As Pontes no encontro adiantado a este xoves por mor da Semana Santa.
O conxunto de Marco Roca desprazábase ó campo do Roxo, para xogar co terceiro clasificado, que quería case asegurar a súa presenza no play off, e que ademáis se lle deu moi mal ós ponteses este ano, pois gañaron no Poboado 1-3 na Copa Federación e por un contundente 1-5 en Liga.
E precisamente comezaban gañando ós cercedenses ó pouco do comezo, e por riba, cun gol de Cañizares. Pouco despois anotaba o pichichi Uxío o seu 25º tanto na Liga e o que semellaba era a sentenza, con xa dous goles en apenas 20 minutos.
Pero o As Pontes aguantou, e incluso puxo en perigo os tres puntos co gol de Fran Cortés faltando dez minutos, a pase de David Gonzalez. Non se moveu o marcador e seguen antepenúltimos con 24 puntos.
Quédalle recibir a Negreira e Deportivo B, e visitar a Barbadás e Ribadumia na derradeira xornada. Noveno triunfo local en enfrontamentos oficiais, por tres empates, e un só triunfo azul.
Xogaron Paco, Criado, Buyo, Callón, Prieto, Edi, Rubio (Caique 67´), Diego, Fran, Ramos (David 67´) e Pardo (Marcote 61´).
Nova cortesía de Xose Ferreiro