Nota de prensa XPAP: Posición de Xunt@s por As Pontes en relación coas obras do Parque Municipal

Hoxe iniciáronse as obras de reparación do céspede no Parque Municipal; obras que terán unha duración de 12 semanas, é dicir, 3 meses. Precisamente os meses nos que mellor tempo fai no noso concello, nos que os veciños e veciñas máis uso poden facer del e nos que más afluencia existe de xente: maio, xuño e xullo.

Hoxe iniciáronse as obras de reparación do céspede no Parque Municipal; obras que terán unha duración de 12 semanas, é dicir, 3 meses. Precisamente os meses nos que mellor tempo fai no noso concello, nos que os veciños e veciñas máis uso poden facer del e nos que más afluencia existe de xente: maio, xuño e xullo.

Dende Xuntas por As Pontes baseamos a nosa crítica á actuación do goberno local nos seguintes puntos:

1.- Debería retrasarse o inicio das obras ao outono

Segundo expertos na materia, as mellores datas para a reposición do céspede coinciden coa primavera e o outono (debido á temperatura ambiental e á duración do día).

Tratándose neste caso dun parque público, situado no corazón da vila e o único destas características do Concello, debéronse de ter en conta estes factores á hora de adoptar a decisión da súa rehabilitación, dado que é precisamente na primavera-verán cando máis desfrute veciñal se fai del. Polo tanto, cremos que a decisión máis acaída, dadas estas circunstancias, sería agardar ata o outono, época do ano que causa menor perxuízo a todas as usuarias e usuarios deste espazo.

2.- Necesario estudo xeolóxico e edafolóxico da zona

O novo parque municipal, tal e como está agora, abriuse ao público o 15 de maio do 2009. A data do informe técnico no que se basea a obra é de xullo do 2016, e nel indícase que é precisa a adecuación e mellora das zonas verdes dado que “a pesares de contar cun mantemento intensivo diario, o céspede desmellorou moito”.

Dende esta plataforma veciñal, e consultados expertos na materia, cremos que se o mantemento e a xestión do parque fose o correcto, non sería preciso mudar o céspede con tanta frecuencia. O que realmente se precisa é a elaboración dun estudo xeolóxico e edafolóxico da zona para coñecer cal é a composición e o estado do chan, saber cómo levar a cabo o seu mantemento dunha maneira axeitada e aplicar a fertilización adecuada para evitar que o céspede seque.

Doutro xeito, o que se está facendo é verter os recursos públicos nun único punto da vila que, de non recibir o correcto tratamento, precisará de novas subvencións para a súa contínua rehabilitación. Impedindo así mellorar outras zonas da contorna que tamén precisan dunha actuación urxente.

3.- O custe das obras rondará os 85.000 €, procedentes da Deputación

Segundo o informe técnico, as novas obras de reparación, que inclúen drenaxes, melloras no sistema de rego, novo espazo de xogo infantil e formación de alcorques nas bases das árbores, ascende a un total de 85.476,24 euros.

Na nova que publicou a prensa a semana pasada, referíase un prezo de 51.371 euros. Prezo que cremos se corresponde coa execución material da obra, ao que habería que engadir os gastos xerais, beneficio industrial e mais o IVE, polo que a cantidade total rondará os 85.000 euros, importe da subvención concedida polo Plan de Medio Ambiente da Deputación da Coruña.

En resumo, dende esta plataforma veciñal:

– non vemos oportuno pechar a principal zona lúdica da vila nestas datas próximas ao período estival, considerando que o apropiado sería agardar ata o outono para comezar coas obras de reparación do parque municipal.

– Ademáis, sen un estudo xeolóxico e edafolóxico da zona que permita definir a composición do chan e o seu tratamento axeitado, a reposición do céspede terá que repetirse ao longo do tempo, o que implicará a inversión contínua de recursos públicos nesta zona en detrimento doutras áreas do concello que tamén precisan dunha axeitada rehabilitación.

As Pontes, 24 de abril de 2017
Xunt@s por As Pontes

También podría gustarte
Comentarios