Segundo encontro do Esteo na pista do histórico Zamora, equipo fundado no ano 2001. Na anterior tempada rexistrouse empate a tres goles. Os zamoranos son cuartos na clasificación con 48 puntos e os ponteses, que levan só unha vitoria nos seis últimos encontros disputados, son oitavos con 31. No partido xogado nas Pontes vitoria do Esteo por 4-2.
O conxunto pontés pechará a liga recibindo na Fraga o sábado 20 ó Albense de Alba de Tormes (Salamanca).
SEGUNDA DIVISIÓN B (25ª xornada)
C.F.S. ZAMORA – O ESTEO F.S.
Sábado 13 – Maio – 2017 (18:00)
Pavillón Municipal Ángel Nieto (Zamora)
ENCONTROS DAS CATEGORÍAS DE BASE
COPA DA TERRA CHÁ
SÁBADO 13 DE MAIO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE AS PONTES
Cadete: O ESTEO F.S. – PONTENOVA FS (11:00 h)
Infantil: O ESTEO F.S. – PONTENOVA FS (12:00 h)
COPA LOCAL DE FUTBOL SALA DE AS PONTES 2017
DOMINGO 14 DE MAIO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE AS PONTES
O ESTEO F.S. “B” – ESTANCO MARICARMEN (16:00 h)
Nova cortesía de A.F.