CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 12-13-14 / MAIO / 2017

Derradeira xornada de liga na que o CD As Pontes despídese da 3ª División no campo do Ribadumia

Derradeira xornada de liga na que o CD As Pontes despídese da 3ª División no campo do Ribadumia

Outro partido de trámite para o equipo pontés no campo da Senra ante o CD Ribadumia, conxunto que se xoga o ser ou non ser na categoría. Nestes momentos é 15º con 45 puntos, un máis que Céltiga, que ocupa posto de arrastre por descenso do Somozas. Incluso gañando pode descender se o Boiro perde a categoría na 2ª División B e tería que esperar a un ascenso dun dos catro equipos galegos que disputen os “play-off” de ascenso.

Xa están descendidos Ordes, Dubra, As Pontes e Castro, que volven á Preferente galega.

Terceiro encontro no campo da Senra, onde nunca gañou o As Pontes. Nos dous anteriores 4-1 e 1-0 a prol do Ribadumia. Esta tempada no Poboado 2-1 para o As Pontes.

Partido tamén importante para o conxunto feminino en Neda, no que se xoga a cuarta praza (3-1 no Poboado). De perder e ganar o Galicia de Caranza, este equipo sería 4º.

Con case tódalas competicións rematadas, os equipos alevíns, benxamín B e prebenxamín A disputan este sábado a copa.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (38ª xornada)
C.D. RIBADUMIA – C.D. AS PONTES
CAMPO DA SENRA (Ribadumia)
Domingo 14 de Maio de 2017 (18:00 h)
ÁRBITRO: Fco. XABIER RODRÍGUEZ CAMPOS (A Coruña)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
SD RÁPIDO DE NEDA – CD AS PONTES
Campo Municipal (Neda)
Venres 12 de Maio de 2017 (19:15 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (Copa)
CD AS PONTES / CD AS PONTES “B”
Campo de Caranza (Ferrol)
Sábado 13 de Maio de 2017 (dende as 10:00 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN
UD CEBARCA – CD AS PONTES
Campo Municipal (A Barqueira)
Venres 12 de Maio de 2017 (19:00 h)
CD AS PONTES “B” (Copa)
Campo Manicipal (A Barqueira)
Sábado 13 de Maio de 2017 (10:00 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN
CD AS PONTES (Copa)
Campo de San Sadurniño
Sábado 13 de Abril de 2017 (10:00 h)
SD O VAL – CD AS PONTES “B”
Campo de Sinde (O Val)
Sábado 13 de Maio de 2017 (10:30 h)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios