Amigus
As Pontes

Torneo de minibasket Festas do Carme e a Fraga 2017 – Memorial Javier Carballo

Disputouse este sábado no Pavillón de A Fraga

Este sábado levouse a cabo no Pavillón da Fraga de As Pontes o Torneo de Minibasket Festas do Carme e A Fraga, organizado pola comisión de festas, coa colaboura do Concello pontés, o CB As Pontes e a Federación Galega de Baloncesto.

Participaban un total de 16 equipos de catro clubes, o local do CB As Pontes, o CB Viveiro, o CB Burela, e o BBCA de Ferrol. Había catro categorías, alevín, tanto masculino coma feminino, benxamín mixto, e prebenxamín.

Entregaron os diversos trofeos e medallas, Fina Bellas, Pablo Montero e Ramón Silvén, da Comisión de Festas, o concellal Antonio Alonso, e a dona e filla do tristemente falecido, Javier Carballo Oseira.

Gañou dous títulos o conxunto mariñán do CB Burela, ambos torneos alevíns, e os outros dous o equipo ferrolán do BBCA, o benxamín e mailo prebenxamín.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios