O Alcalde pontés pide a opinión de ADEGA sobre o paseo fluvial

Lendo diariodeferrol.com:
“O alcalde das Pontes, Víctor Guerreiro, recibiu onte martes a responsables da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, ADEGA, a fin de coñece-la opinión do colectivo con respecto a distintas intervencións medioambientais previstas para o municipio.”…


…”Así, Guerreiro, sondeará ós ecoloxistas sobre o paseo peonal e o carril bici que, dende o centro urbán, recorrerá o cauce do río Eume ata o embalse da Ribeira.
Así mesmo, referirase ás actuacións que con contido pedagóxico se proxectan para distintas áreas próximas ó río antes mencionado.
Por outra parte, na xuntanza abordouse a recente subida de prezos aprobada por Sogama e, sobre esta cuestión, os responsables da asociación aproveitarán a xuntanza co alcalde pontés para reitera-la súa postura con respecto ó tratamento do lixo, que non é que a do compostaxe. ADEGA aventura que o custe de Sogama será de 44 euros por tonelada e, ó mesmo tempo, informa que a súa alternativa é máis económica.
Os ecoloxistas din que coa súa proposta se poderían chegar a aforrar ata 14 euros por tonelada.
Sobre esta cuestión, o Concello das Pontes informa que está estudiando alternativas para o tratamento dos residuos co fin de evita-la subida que se pretende facer efectiva a principio de ano.
Este contacto con ADEGA servirá tamén como prólogo do encontro previsto para hoxe entre o alcalde Pontés e o conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro, que foi aprazado en varias ocasións.”
Fonte: diariodeferrol.com

También podría gustarte
Comentarios