Amigus
As Pontes

XXVI TROFEO SILEX AS PONTES 2017

Disputouse este sábado con vitoria final de Dani Castro.

Este sábado, nun día moi caloroso, disputouse no Campo de Tiro con Arco do Poboado a vixéximo sexta edición do Trofeo Silex.

Dende primeira hora da mañá e ata pasadas as sete e media da tarde leváronse a cabo as tiradas previas, roldas eliminatorias, e posteriores finais.

Na categoría de Recurvo masculino resultou vencedor o local Daniel Castro Barcala, que se impuxo nun duelo moi disputado a Miguel Menéndez, do Arco Astur, por 6-5, con 9-8 na frecha de desempate. O bronce foi para Vicente Veira, do Arc-Teixo.

Posteriormente o propio Dani conseguía vencer na final absoluta, a que enfrontaba ó campión masculino co feminino, Noelia Pena, do Arc-Teixo, por 6-2.

Na categoría de arco Composto impúxose Guillermo Rodríguez, do Arco Ferrol, 141-139 na final a Félix Pérez, do Arco Teucro, sendo o bronce para Alberto Martínez (Ponferrada).

Na categoría de Veteranos venceu 6-2 Jose Luis Rodríguez, do Arc-Teixo, a Jesús Casteleiro, de Arco Ferrol, sendo bronce Adriano Romero, do Silex.
Entregaron os diversos trofeos Manolo Buitrón e Alfredo Rubio, do Clube Silex.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios