ALVARIÑO, PLATA INDIVIDUAL EN POLONIA

Miguel foi plata, e Pablo Acha, bronce, nos Xogos Europeos

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García logrou un triplete de medallas nos Xogos Europeos que se están a levar a cabo en Cracovia, pois tamén venceu na proba de Recurvo Mixto e acadou a plata por equipos.

Onte foi plata a nivel individual nunha proba na que sendo a oitava marca da previa, venceu sucesivamente ao ucraino Ovchynnikov (6-4) en dezaseisavos, e ao eslovaco Duchon por un apretado 6-5 na frecha de desempate, en oitavos.

O seu mellor cruce foi nos cuartos de final, nos que gañou ao Campión Olímpico turco, e mellor marca da previa, Mete Gazoz, por 6-4. Nas semifinais deu conta, tamén por 6-4, do moldavo Dan Olaru, para caer 2-6 na final ante o alemán Florian Unruh.

O xermano tomou a revancha de Miguel, que o vencera na final do Campionato de Europa do ano pasado na súa casa, en Munich.

Gran papel tamén do burgalés Pablo Acha, que acadou o bronce, gañando entremedias a xente tan importante como o subcampión olímpico francés Valladont, en cuartos.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto RFETA.

También podría gustarte
Comentarios