Disputouse esta mañá no Lago pontés
Nesta mañá soleada e chuviosa por momentos celebrouse no Lago pontés unha nova edición da Samurai Extreme Race.
Na edición con obstáculos máis complicados, na categoría Élite resultou gañador Eduardo Cruz (59:18), sendo segundo Marouane Berradia (59:28), os dous únicos que baixaron da hora. Terceiro Javier Barrientos (1:01:41).
Na categoría feminina ganou Jessica Velasco (1:12:15), sendo segunda a gran Melina Alonso (1:15:43), e terceira Fuencisla Vaquero (1:25:58).
Xusto detrás da gran atleta ferrolá-arxentina Melina Griselda, no posto 23 chegou o primeiro pontés, Armando Maseda (1:17:41).
Nova cortesía de Xose Ferreiro