Noé Calvo xogará na liga xaponesa

Será o cuarto país tras haber xogado en Portugal, Hungría, e Inglaterra

O xogador pontés Noé Calvo Pardo xogará en Xapón a vindeira tempada. O ex futbolista do Unidade de Fene, Cidade de Narón, Hermanos Barbeito e O Esteo, leva un lustro de traxectoria internacional.

A comezos do 2012 fichoou polo Operario Desportivo das Illas Azores, e posteriormente firmou dúas tempadas polo Fundao, co que gañou unha Copa Portuguesa.

Na 2014-15 estivo en Hungría, no Raba Gyori Eto, co que conseguiu o triplete, Liga, Copa e Supercopa, estando na seguinte tempada no Bakú United de Inglaterra, equipo que por desgraza desapareceu a mediados de tempada. Nesta 2016-17 regresou ó Fundao, co que foi subcampión da Taça da Liga.

O equipo de Sendai fundouse en 2012 e na 2014-15 alcanzou a Primeira División Xaponesa. A Liga nipona foi gañada polo Nagoya Oceans nas súas nove primeiras edicións, agás o ano pasado, que triunfou o Shriker Osaka.

Conta con doce equipos, ademais dos dous anteriores, o Espolada Hokkaido, Bardral Urayasu, Fuchu Athletic, Pescadola Machida, Shonan Bellmare, Agleymina Hamamatsu, Deuçao Kobe, Vasagey Oita, Voscuore Sendai e Fugador Sumida.

Dirixido polo catalán Jose Fernández, tamén fichou estes días a Alex Medina, con experiencia na Primeira División.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios