Acto de rendición de contas: Dous anos Xunt@s
O vindeiro día 30 de xuño (venres), ás 20:30 na Casa Dopeso, Xuntos Por As Pontes farán un acto público de rendición de contas ante a veciñanza.
Transcorridos dous anos dende que chegamos ás institucións, é hora de dar conta do traballo realizado e de someternos ao parecer das veciñas e veciños de As Pontes que viron en nós un novo xeito de facer política, unha alternativa ás políticas seguidas dende o goberno local.
Por iso, o vindeiro día 30 de xuño (venres), ás 20:30 na Casa Dopeso faremos un acto público de rendición de contas ante a veciñanza.
* O acto, que estaba programado dende fai semanas, quedará supeditado á existencia de actos reivindicativos contra do peche do CPI Monte Caxado.
As Pontes, 29 de xuño de 2017