Amigus
As Pontes

Disputa de dominio

Lendo galicia-hoxe.com:
“Un de cada dez casos de disputas sobre nomes de dominio de Internet presentados ante a Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI) está relacionado con países de fala hispana, informaron fontes desa entidade especializada de Nacións Unidas.”


…”O Centro de Arbitraxe e Mediación da OMPI, encargado de examinar as disputas sobre nomes de dominio xenéricos en Internet, examinou desde a súa creación en decembro de 1999 un total de 5.337 casos procedentes de varios países, dos cales en 521 alomenos unha das dúas partes ou as dúas era de países de fala hispana. Deles, un total de 141 procedementos para resolver cál das partes ten o dereito lexítimo a dispoñer ese nome de dominio tiveron lugar en español, que constitúe a terceira lingua despois do inglés e o francés, precisaron as fontes.
Entre as máis de cinco mil disputas examinadas pola OMPI destacan os casos de nomes de dominio da firma de alimentos Kelloggs, do cantante de ópera José Carreras, das empresas Telefónica de Arxentina ou Avensa de Venezuela e mesmo do club de fútbol Real Madrid.
O 75 por cento das denuncias corresponden a nomes de dominio xenéricos co sufixo ‘.com’ relacionados con firmas comerciais e o 25 por cento restante a outros como ‘.net’, ‘.org’, ‘.inf’ e ‘.biz’.
En máis do 80 por cento dos casos examinados pola OMPI, os expertos do centro acordaron transferir o dominio ó denunciante por tratarse xeralmente de persoas ou firmas que rexistraran o nome sen ter dereitos lexítimos sobre el.
Segundo datos da OMPI, no ano 2000 rexistrábanse unha media de máis de cinco denuncias diarias; ó ano seguinte descendeu a máis de catro casos e no 2002 a algo máis de tres por día.
O citado centro da OMPI tramita tamén as disputas sobre nomes de dominios relacionadas con 35 países e territorios, entre os que figuran México, Guatemala, Panamá, Venezuela, Ecuador, Holanda, Polonia, Romanía, Australia, Filipinas ou mesmo de pequenas illas do Pacífico como Tuvalu que ten o sufixo ‘.tv’ que está moi cotizado entre as empresas de medios de comunicación.
Precisamente, entre as 135 denuncias presentadas ante a OMPI, 62 teñen o sufixo ‘.tv’ e son de dominios como ‘madrid2012.tv’, ‘missfrance.tv’, ‘eurovisión.tv’ ou ‘operaciontriunfo.tv’ que foron rexistrados por persoas sen relación con eses organismos ou proxectos.
As taxas de dominios ‘.es’ reducíronse substancialmente\
O ministro de Ciencia e Tecnoloxía, Juan Costa, asegurou que as novas taxas que se aplican ós rexistros de novos enderezos de Internet co dominio ‘.es’ son “substancialmente” inferiores ás vixentes ata agora, salvo algunhas das que se cobran ás grandes empresas. Durante a súa intervención na sesión de control ó Goberno no Congreso dos Deputados, Costa explicou que, con esta modificación, as taxas que se cobran polo rexistro de dominios de segundo nivel (os enderezos de internet que acaban en ‘edu.es’, ‘nom.es’, ‘org.es’, ‘gob.es’ ou ‘com.es’) son as máis baixas de Europa.
Segundo a información que completou o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía mediante un comunicado, as taxas cubrirán un ano natural completo, mentres que antes se cobraban sempre 72,12 euros por alta e 48 por renovación anual ata o 31 de decembro do ano en que se rexistrou, independentemente da data exacta na que se formalizara. Ademais, creouse a figura do axente rexistrador, co fin de ofrecerlle ó cidadán a posibilidade de dispor de distintos prezos para distintos servicios. Con iso preténdese fomentar o desenvolvemento da competencia e do mercado, posto que os axentes rexistradores contribuirán a axilizar os labores de rexistro de nomes de dominio e a ofrecer servicios de valor engadido ós usuarios.
A aprobación das novas taxas supón un paso máis no desenvolvemento do novo Plan de dominios, que regula os nomes de dominio españois (os ‘.es’) e creou as denominacións ‘.nom.es’, para todos os cidadáns en xeral; ‘edu.es’, para centros educativos; ‘org.es’, para organizacións non gobernamentais e asociacións; ‘gob.es’, para institucións administrativas; e ‘com.es’, como dominio xenérico español.
Estes dominios son os denominados “de terceiro nivel”, posto que o ‘.es’ se coñece como “de segundo nivel”. Concretamente, a variación das taxas afecta, entre outras, ás que gravan a alta e renovación de enderezos para particulares (como www.margonzalo.com.es’ se se xestiona a través dun axente rexistrador, que baixaron un 92 e un 88 por cento, respectivamente, ata 6 euros nos dous casos.”
Fonte: galicia-hoxe.com

También podría gustarte
Comentarios