Amigus
As Pontes

DÚAS MEDALLAS PARA O CLUBE SÍLEX NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Lograron a prata en Recurvo Mixto, e o bronce en Recurvo Masculino

Esta fin de semana disputábase en Salamanca o Campionato de España de Tiro con Arco, e cara aló desprazáronse tres membros do Clube Silex, Miguel Alvariño, Dani Castro e Cris Castro.

Non tiveron moita fortuna nas competicións individuais. En sénior, Alvariño, que levaba a terceira mellor marca, gañou 6-2 a Diego Bercial, logo 7-3 a Alejandro Moreau, pero perdeu na terceira rolda ante Arnau Peña 2-6, que tamén eliminara a Dani Castro na rolda anterior 4-6, un Dani que na primeira eliminatoria desfíxose de Daniel Bodí 7-1. Logrou o ouro Álvaro Simó, seguido de Yun Sánchez, e bronce para Miguel Ángel Pifarre. Cristina Castro venceu 6-2 a María Gómez, cabedo despois ante Sonsoles Solera 2-6, nunha proba gañada pola gran Alicia Marín.

Os dous irmáns tamén competirón en Junior, e Dani perdeu nos oitavos de final ante Yun Sánchez (3-7), nunha proba na que gañou o ouro o seu irmán Ken Sánchez. Cristina gañou en oitavos a Eider Vázquez, por 6-5 con 9-9 na frecha de desempate e a súa máis próxima á diana, pero en cuartos caeu ante Leticia Cantos Figueroa 2-6, sendo campiona Celia Castaños.

Nas probas por equipos chegaban os maiores éxitos. Na de Recurvo Mixto, Alvariño e Cristina venceron en cuartos a Cataluña 6-0, e logo nas semifinais por un axustado 5-4 á Comunidade de Madrid con 17-17 nas frechas de desempate, pero máis próximas estas á diana, perdendo na final ante Castela León 0-6.

No Recurvo masculino, Alvariño, Castro e Vicente Veira gañaban 6-0 a Cataluña en cuartos, caendo 2-6 contra Castela León nas semifinais, e posteriormente logrando o bronce tras vencer 6-2 a Comunidade de Madrid. O combinado castelán leonés logrou o ouro ante Baleares.

Ás portas do metal quedou o recurvo feminino, con Cristina, Noelia Pena e Marta Guerrero, que venceron en cuartos á Comunidade Valenciana 5-4 e 20-16 nas frechas de desempate, pero logo caeron 0-6 ante Madrid en semifinais e 2-6 ante Castela León na loita polo bronce. As madrileñas lograron o ouro ante Baleares.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios