Plano estratéxico galego para a penetración das TIC
Lendo agnix.org:
“A directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Elena Veiguela, avanzou hoxe varias medidas para a implantación da sociedade da información en Galiza e amosou a súa confianza en que Galiza presentará mellores indicadores ca o resto do Estado, no momento da converxencia con Europa en 2010, canto ao emprego das novas tecnoloxías da información e da comunicación. A este respecto, a directora de Promoción Industrial recordou que a Consellería de Innovación e Industria está a elaborar o borrador dun plano estratéxico galego para a penetración da sociedade da información en Galiza, co obxectivo de garantirlle o acceso a tódolos cidadáns a unha “formación continuada”, a máis servizos e a contidos útiles, tanto formativos coma lúdicos. ‘A sociedade da información en Galiza deberá xerar produtividade, benestar, igualdade social, calidade de vida e postos de traballo’.”…
Fonte: agnix.org