Amigus
As Pontes

DOUS FUTBOLISTAS PONTESES NA SELECCIÓN GALEGA SUB18

Sergio Otero, do Racing de Ferrol, e Daniel Pájaro, do Ural

Dous futbolistas ponteses veñen de ser convocados para os primeiros adestramentos da Selección Galega Sub18.

Ao habitual Sergio Otero Pedre, do Racing de Ferrol, uneselle Daniel Pájaro Otero, xogador da mesma xeneración (2000), que se iniciou nas categorías inferiores do CD As Pontes, das que marchou moi noviño, para pasar logo, entre outros equipos, por Deportivo e Lugo.

Agora, ós seus 17 anos, xoga xunto ó seu irmán David Pájaro no Ural coruñés de Liga Nacional Xuvenil.

Esta primeira convocatoria de 44 xogadores adestrara nos Campos de Vista Alegre de Boiro, este mércores 4 ás 15:45.

Os convocados son os seguintes:

CD Areosa: Antón Guisante, Diego Saldaña. Pablo Lafuente, Pablo Expósito, Samuel Vilariño, Santiago Taboada
Real Club Celta de Vigo: Alberto Estévez, Aldán Naval, Iago Domínguez, Íker Losada, Lautaro De León
Racing Club de Ferrol: Alberto Rodríguez, Eduardo Blanco, Iván Pérez, Luis Rodríguez, Sergio Otero Pedre
RC Deportivo de A Coruña: Carlos Morán, Julián Nieto, Pablo Brea, Pablo Losada
Ural CF: Alejandro Pérez, Alejandro Vilas, Daniel Pájaro Otero, Juan Cambón
ED Val Miñor Nigrán: Adrián Campos, Brais Martínez, Diego Somoza, Jovan Bajcetic
CD Lugo: Daniel Vidal, David Guitian, Martín López
Santiago de Compostela CF: Aitor Fernández, Javier Armas, Jorge Tomé
Alondras CF: Samuel Santos, Yeray Pereira
CD Lérez: Mateo Pérez, Pablo Rial
Pavillón Ourense CF: Carlos Villar, Gabriel Jar
SD Compostela: Jorge Queiruga
Coruxo FC: Mario Costa
Victoria CF: Antonio Garda
Bergantiños CF: Asier Gómez

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios