Amigus
As Pontes

XORNADA CALIFICATORIA E POR EQUIPOS NO MUNDIAL DE MÉXICO

Alvariño conseguiu a 25ª mellor marca da previa

O pontés Miguel Alvariño García debutou no Mundial que se está a disputar en México coas tiradas previas de 72 frechas, nas que ocupou a 25ª praza con 655 puntos.

Quedou a un só punto de Pablo Acha, que foi 22º con 656, e polo tanto será o representante español masculino na proba de Recurvo Mixto xunto a Alicia Marín. Undécimos, competirán contra o sexto, EEUU.

Lamentablemente Miguel Angel Pifarre só puido ser 96º con 619 puntos, o que lastrou moito a puntuación por equipos, e España foi decimosexta e última dos que calificaron á rolda final, nove puntos por diante de Ucraina e Gran Bretaña.

Tiveron que cruzarse con Corea do Sur, coa que perderon 6-2. Italia e Francia xogaranse o título, tras desfacerse nas frechas de desempate de Corea do Sur e Canadá, respectivamente, que pelexarán o bronce.

O equipo feminino español, que tiña a 12ª mellor marca, caeu 5-4 ante Xapón, quinto da previa. Corea do Sur e o locatario México loitarán polo ouro, e polo bronce China e China Taipei.

Alvariño enfrontarase ao representante de Bhután, Nima Wangdi, e de conseguir gañar, ao vencedor do duelo entre o xaponés Sugio e o romanés Iepuri.

De conseguir vencer estes dous duelos accederá aos dezaseisavos de final, entre os 32 mellores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios