Amigus
As Pontes

PREFERENTE NORTE: CD AS PONTES 1 – BOIMORTO CF 1

O As Pontes empata in extremis ante un Boimorto recén ascendido

Mal partido do conxunto pontés, que empatou in extremis ante o Boimorto, que era o quinto clasificado pola cola, e ascendido de Primeira Autonómica.

Os locais dispuxeron das mellores ocasións no primeiro tempo, aínda que con certos despistes. Así, Rego perdeu un balón nunha acción finalmente solventada (4´), ou nun avance centra Figu e o balón pasease pola área local (5´).

Manu sacalle un balón a Eloy, que encaraba só, e tralo rexeite é Ramos quen remata e despexa un defensa (11´). Noutra xogada dentro da área, nin Eloy nin Quique atinan a rematar (19´).

Logo chegou un tramo de certo desatino dos locais, e un mal pase de Bossa acaba en córner (22´), unha perda de Chis acaba en remate sen oposición fora de Sergio (28´), ou nunha xogada na que quedaron sós ata dous visitantes acaba levando por diante Kiko a Nieto, e por sorte despexando cos puños (32´).

Aí chegaron os mellores minutos dos locais. Gran centro á área de Bossa, pero Adrián Martínez controla mal e remata escorado (34´). Chis cabalga só cara a portería dende o medio do campo, pero remata algo forzado e despexa o porteiro (35´). Nunha curiosa xogada con cabezazos cara atrás de Chis para Rego, e de Rego para Eloy, a cabezada do xogador coruñés desviao in extremis Manu cando xa se colaba (36´).

Cun remate de Chis que rebota no corpo dun defensa (41´), e co cambio de Adrián Iglesias polo lesionado, non de gravidade, Quique, remataba o primeiro tempo.

No segundo tiveron as ocasións máis perigosas os visitantes, con máis fondo físico que os locais, como xa acontecera ante o Xallas.

Nunha perda de Chis, achégase só Sergio ante o porteiro e dispara cruzado (57´). O lateral Corral incorporase ó ataque, remata, e despexa a córner in extremis Kiko tras desviar un defensa (62´). O propio cancerbeiro viveirense salva por pouco un remate tras saque de córner (63´).

Os minutos pasaban e os locais non daban sensación de perigo. Tras una perda de Dani, centra Kevin dende banda dereita, sacaa Kiko coa luva, o balón queda morto, pero afortunadamente estaba Rego para despexalo (78´). O propio Kevin centra despois dende banda esquerda, e o balón pasease pola área pequena sen atopar rematador (81´).

Os mellores destellos dos locais chegaron nunha internada por banda de Alex Cabarcos, que centra, e en posición franca, mandaa Ramos por alto (83´), tendo o propio xogador ferrolán unha anterior, que rematou de media volea ás mans do porteiro (80´). Preto do final, nunha contra, cédella Eloy a Ramos, que centra dende banda dereita, e chega Dani só ó segundo pau, pero remata fóra cando xa se cantaba gol (90´).

Pero foi no desconto cando chegaron os dous tantos. Coa metade dos xogadores azuis na área pequena, e a outra metade incorporada ó ataque, tras un córner, o balón quedalle morto ó ex xogador local Samu, e como xa acontecera con Marcote, no borde da área, e, sen oposición, marca de forte tiro cruzado pegado ó pau (93´).

Pero, este tanto sentoulle algo mal ós vermellos, que se defenderon máis ou menos ben todo o partido, pero despistáronse algo nos tres minutos máis que prolongou o colexiado, e tras varias chegadas dos azuis, Adrián Iglesias, remata por dúas veces na área visitante, tras rebotar o balón nun defensa, e acaba marcando de forte disparo a media altura a igualada definitiva, que non sastisfizo ós visitantes, nin moito menos á parroquia local.

Un As Pontes moi lonxe dos postos de ascenso que marcan Paiosaco (22), e Arzúa (18), visita con 14 puntos a vindeira semana ó Outeiro de Rei, terceiro pola cola.

1 CD As Pontes. Kiko, Adrián Martínez, Alex, Rego, Dani, Chis, Quique (Adrián Iglesias 41´), Bossa, Eloy, Fidi (Carba 66´), Ramos.

1 Boimorto CF. Manu, Corral, Pose, Joseba, Nacho, Sergi, Andrés (Samu 84´), Luismi, Nieto (Numa 68´), Sergio, Figu (Kevin 77´).

Goles: 0-1, Samu (93´), 1-1, Adrián Iglesias (96´).

Árbitro: Alejandro Vázquez Méndez (Lugo). Auxiliado nas bandas por Pérez Rodríguez e Seijas Rodríguez. Amarelas a Eloy, Chis, Adrián Martínez, Adrián Iglesias, Manu e Corral.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores, moitos visitantes, en tarde soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios