XXVIII FEIRA DE FUNGOS E COGUMELOS

Miles de persoas acudiron este fin de semana á XXVIII Feira de Fungos e Cogomelos das Pontes, unha cita que se celebrou, por primeira vez, en dous días e non o 1 de novembro, como viña sendo habitual.

Debido á gran oferta de actividades en distintos puntos da vila, o público repartiuse durante todas as xornadas, o que contribuíu a animar o municipio.

Un dos atractivos do día de onte foi o concurso de cestas, no que participaron un total de once propostas, un número baixo debido á dificultade de recolectar as setas este ano, pero todas elas de gran calidade e variedade, destacaron desde a organización.

Repartíronse un total de sete premios uno xuvenil de 75 euros que recaeu en Rebeca Prieto e outro especial de 300 euros a Tomás Rodríguez, sendo o primeiro posto para Ricardo Gaveiras (300 euros), da comarca de Ferrolterra. O madrileño Luís Igrexas quedou en segundo posto (200 euros), seguido de Anna Kapheria (150 euros), Vicente Cibreiro (100 euros) e Débora López (75 euros).

Sen dúbida, o tradicional menú micológico, foi unha das iniciativas que máis éxito de público cosechó xa que esgotou os tickets para degustar as 700 racións que se ofertaban nunha hora, debido a que xa había longas colas desde as once da mañá a degustación comezou á unha da tarde.

Veciños e visitantes tamén puideron gozar onte da décima edición do Mercado de Oportunidades Vila das Pontes (MOVA), grazas aos descontos dos 24 establecementos locais participantes, cinco deles principiantes este ano.

Food Trucks, a exposición de fotografía do certamen micológico onde a ganadora foi María Delia Rego Pita, seguida de Alfredo López e José Luís Gigirey ou as demostracións de traballos artesanos, estiveron presentes na feira, que ofreceu tamén actividades para os máis pequenos.

O chef do Grupo Nove, Xoán Crujeiras, ofreceu ademais un showcooking e o grupo Swing on School Vigo unha masterclass de baile.
A música e o espectáculo completaron a xornada coas actuacións de Tomaccos, Cia Delirium, NONO, Lillipops, Meigo Noel, Rondalla Vila dás Pontes con Camareta Piu Bela, Lila Star e Mastretta, que puxo o broche final á edición de 2017.

Fotos cortesía de Raimundo Carballo
Fuente Diario de Ferrol

También podría gustarte
Comentarios