Amigus
As Pontes

ANDREW BLANCO “ANDY”, CAMPIÓN GALEGO CADETE DE FÚTBOL SALA

Tras gañar a Selección de Ferrol Sub15 á de Vigo 3-2 na gran final

O xogador pontés do Esteo FS Andrew Blanco García-Valenciano, máis coñecido coma “Andy” xogou este mércores en Narón o Campionato Comarcal Sub15 de Fútbol Sala coa Selección de Ferrol.

Foi convocado para este combinado xunto a Alonso Cociña, Iago Rodríguez, Juan Lamigueiro, Iago Tenreiro, Javier Castro (O Parrulo Ferrol), Alejandro Cuende, Lucas González, Iago Pérez, Daniel Prieto (Cidade de Narón), Diego Crespo (Unidade de Fene) e Bruno Sanz (Esteiro).

O combinado ferrolán comezou empatando no seu grupo 1-1 coa selección de A Coruña, e logo venceu 2-1 a Lugo e goleou 4-0 á de Santiago prantándose na gran final.

Derradeiro encontro no que se enfrontaron ó combinado ólívico vigués, que superou a Pontevedra e Ourense no seu grupo, ó que gañaron 3-2 facéndose con este primeiro título de Seleccións Comarcais Cadete Sub15.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios