Amigus
As Pontes

RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 5-6-9 DECEMBRO

Nunha maratoniana semana “festiva” con ata trece encontros, na Copa, cara para o Xuvenil e cruz para o Cadete. Na liga, vitorias de Feminino, Xuvenil, Cadete, Infantil, Alevín A e Benxamín B.

FEMININO
CD AS PONTES-SD RÁPIDO DE NEDA (4-1)

Triunfo do equipo feminino 4-1 ante o Rápido de Neda. O encontro xa quedou sentenciado na primeira metade co 4-0, cun hat trick de Paula Castro e outro tanto da capitana Carlota.

No segundo período maquillou o marcador o conxunto visitante cun gol de Shaamara. Son cuartas con 25 puntos antes de visitar ó colista con seis, Eume Deportivo, conxunto que vai de último, pero que apenas recibiu 26 goles.

Xogaron Leti, Yoli, Andrea, Indira, Noelia, Nerea, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Uxía.

XUVENIL
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES (0-1)
RACING SAN PEDRO “A”-CD AS PONTES (0-5)

O Xuvenil pontés gañou na ida da súa eliminatoria de semifinais de Copa ante o sempre complicado Portuarios.

Foi un partido con ocasións por ambos equipos e que se resolveu cun tanto de cabeza de Dani tras saque de córner de Josiño, a pouco do final, coa mala nova da lesión de Cazás, quedando a eliminatoria por resolverse na volta.

Xogaron Meidán, Fraga, Breijo, Pablo, Bruno, Vilela, Carlos, Chema, Cazás (Cristian 70´), Xose e Dani (Jose 89´).

Xa este sábado amosou o equipo de Felipe Mieres que segue con paso firme, i é que gañou 0-5 en Ferrol ó San Pedro, con dous tantos de Pita, e un de Josiño, Cristian e Carlos.

Terceiros con 9 puntos e un encontro menos, a vindeira xornada reciben ó CD Narón A, un dos dous líderes con 12 puntos, xunto ao Eume, nun partido moi importante.

Xogaron Meidán, Fraga, Breijo, Pablo, Bruno, Vilela, Dani, Chema, Cristian, Xose, Pita, e despois Carlos, Jose, Derick e Jorge.

CADETE
CD AS PONTES-EFB AMISTADE DE MEIRÁS (1-5)
CD AS PONTES-SDC GALICIA DE MUGARDOS (6-0)

Non puido facer nada o Cadete pontés nas semifinais de Copa ante o mellor equipo do outro grupo clasificatorio, e que era o único da comarca que contaba todos os seus encontros desta tempada por vitorias ata que perdeu sorprendentemente en Cariño 2-1 hai uns días, o Amistade de Meirás.

No encontro deste mércores os de Valdoviño adiantáronse por medio de Alejandro e Daniel, e pese a que Vicente recurtou distancias despois do descanso, dous goles de Juan e un de Jose case sentenciaron a eliminatoria.

Xogaron Juan (Andrei 63´), Eyob, Xavi (Eloy 41´), Alejandro (Adrián 63´), Antonio, Nono, Jandro, Santi, Vicente, Xan (Xoel 61´) e Joan (Iván 72´).

Xa este sábado á mañá os de Rubén Pardo lograron a súa terceira vitoria consecutiva na Liga tras golear ó Galicia de Mugardos 6-0, con tres tantos de Vicente e un de Xan, Joan e Alejandro.

Segundos con nove puntos e un encontro menos, visitan ó Caranza B, que suma tres puntos. Xogaron Andrei, Eyob, Eloy, Alejandro, Antonio, Nono, Adrián, Santi, Vicente, Xan e Alejandro, saíndo despois Xoel, Xavi, Joan, Juan e Iván.

INFANTIL
AD MIÑO-CD AS PONTES (2-3)

Sufrido triunfo do infantil, que tivo que levantar un 1-0 e un 2-1 para acabar gañando 2-3 na súa visita a Miño.

Cuarta vitoria consecutiva e 12 puntos antes de visitar ó Caranza B, outro dos catro líderes xunto a Ferrol B e O Val.

Xogaron Pablo, Eloy, Xose, Íker, Anxo, Samuel (1), Xoel, Ángel, Diego, Sergio (1), Luis (1), Francisco, David, Ismael, Billal e Alejandro.

ALEVÍN
CD AS PONTES A-SDC GALICIA DE MUGARDOS “B” (3-0)
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES B (8-0)

O Alevín A logrou a súa primeira vitoria na Liga dos mellores tras gañar 3-0 ó Mugardos B, e con tres puntos visitan na vindeira xornada ó Val B, que ten dúas vitorias e seis puntos. Dous goles de Israel Varela e un de Anxo Blanco.

O Alevín B pola súa banda perdeu 8-0 co líder Perlío, e cun punto recibe ó Amistade de Meirás, que ten seis.

BENXAMÍN
EF RACING DE FERROL-CD AS PONTES A (3-0)
CD AS PONTES B-CEDEIRA SD (8-1)

O Benxamín A perdeu 3-0 ante todo un Racing de Ferrol no seu debut na Liga dos mellores, antes de recibir ó Val, que perdeu 0-2 no seu debut ante o Ánimas.

O Benxamín B pola súa banda debutou no grupo terceiro con goleada 8-1 ó Cedeira, tantos de Naúl Suárez (2), Xalo Cebreiro (2), Xandre Domínguez, Omar Penabad, Nacho Villasuso e Lucas Blanco, e na vindeira xornada visita ó Ferrol C, que empatou 3-3 co Libunca.

PREBENXAMÍN
SCDR GALICIA DE CARANZA “B”-CD AS PONTES A (3-2)
CD AS PONTES B-CEDEIRA SD “B” (1-2)

O Prebenxamín A debutou con derrota 3-2, tantos de Xoel Galego, ante o Caranza B, na Liga dos mellores, e na vindeira xornada reciben ó Cedeira, que perdeu 2-7 co Caranza C.

O Prebenxamín B perdeu 1-2 co Cedeira B no seu debut no grupo terceiro, tanto de Daniel Peña, e visita ó Caranza, que perdeu 4-2 en San Sadurniño.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios