ACTUACIÓN DE CHUS CAÑIZARES EN ASTURIAS
O combinado galego pasou tras un triple empate, dado que cada equipo gañou e perdeu un partido
O futbolista pontés Jesús Cañizares Sánchez estivo esta fin de semana en Asturias coa Selección Galega Amateur, na primeira fase do Torneo das Rexións Uefa, que clasificou para a seguinte Fase despois dun triple empate.
Os de Pichi Lucas comezaban moi ben o venres gañando ó equipo locatario 3-0, tantos de Javi Pazos (2), e Rodrigo Alonso, pero necesitaban agardar unha carambola tras caer este sábado 0-1 ante Cantabria, que gañou o encontro nos últimos minutos. Pero a vitoria este domingo do combinado asturiano 4-2 sobre o conxunto cántabro deulle a clasificación á Selección Galega.
Os tres equipos suman tres puntos, pero Galicia con +2 (3-1), por -1 de asturianos (4-5) e cántabros (3-4), así que clasifican xunto a Castela León (gañador europeo 2009), Cataluña (finalista europeo 2013), Comunidade Valenciana, Castela A Mancha e Aragón.
Chus entrou coma primeiro suplente no partido ante os asturianos, sustituíndo no minuto 62´ ó buenense Jacobo Millán, do Somozas, e no segundo encontro xogou de titular ata ser cambiado polo propio Jacobo no 79´.
Nova cortesía de Xose Ferreiro