Amigus
As Pontes

Asemblea Xeral da Asociación Euroeume

O pasado xoves 25 de maio, celebrouse, na casa da Cultura de A Capela, a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Euroeume. No transcurso da mesma aprobáronse as Contas anuais do ano 2005, e o Orzamento para o ano 2006, que ascende á cantidade de 280.000 €


Outro dos puntos do día foi a proposta de nomeamento de novos membros para completar a Xunta Directiva da entidade, que rematou coa incorporación á mesma dun representante da “AAVV O Iglesario” de Vilarmaior. Con esta incorporación complétanse as 8 prazas correspondentes a asociacións non lucrativas, do total de 14 membros que compoñen a Xunta Directiva desta entidade.
Durante esta asemblea presentouse tamén a memoria de actividades da anualidade 2005, e ofreceuse información sobre os proxectos que Euroeume está a desenvolver na actualidade. Os asuntos que mais interese suscitaron foron os Proxecto de Cooperación postos en marcha.
No referente á Cooperación Interterritorial, falouse en profundidade de dous proxectos: por unha banda no proxecto de “Comunicación no Medio Rural”, contemplase a edición dun xornal de ámbito comarcal que Euroeume apoiará económicamente durante un período de 18 meses. Este proxecto realízase en colaboración con outros 5 grupos que xestionan fondos Leader +, co obxectivo de compartir coñecementos, buscar fontes de financiación conxuntas, e procurar rebaixar costos compartindo licencias informáticas, bancos de imaxes, maquetación, etc Unha vez o proxecto recibiu a aprobación do Ministerio, proximamente convocarase un concurso público para a contratación do servicio integral para a publicación deste xornal.
Por outra banda explicouse a evolución do proxecto de cooperación “Universidade Rural”, e mais concretamente da fase de recollida de documentación e información relativa á “Memoria Histórica e Oral do Territorio”, realizada pola empresa Los Ocho Mares. A fase posterior deste proxecto, relativa aos usos que se lle vai ou pode dar a toda esta información e documentación recompilada, definirase en base ás propostas que xurdan das reunións que se van realizar coas diferentes persoas e asociacións do territorio involucradas neste proxecto. A maioría das propostas realizadas centráronse na posibilidade de habilitar un espazo físico para situar toda esta documentación, e no que poder realizar actividades relacionadas coa información que xurdiu neste proxecto.

También podría gustarte
Comentarios