Amigus
As Pontes

RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 26-27-28 XANEIRO

Triunfos de Feminino, Xuvenil, Infantil, Benxamín A e Prebenxamín B

FEMININO
DISCALZAS SD-CD AS PONTES (2-4)

No encontro disputado este domingo á mañá, vitoria do equipo feminino 2-4 no seu desprazamento a Cedeira. Comezaban adiantándose con tantos de Paula Baamonde, o 11º da tempada, pero empataban as locais por medio de Lucía ó borde do descanso.

Pero tres tantos consecutivos no segundo período, de Noelia, e dous de Paula Castro, que xa leva 13, sentenciaban o partido pese a recurtar distancias María nas postrimerías.

Terceiras con 35 puntos visitan ó segundo con 39, Galicia de Caranza. Xogaron Leti, Uxía Cupeiro, Tania, Nuria, Indira, Noelia, Nerea, Xeila, Paula Castro, Uxía Rodríguez, Paula Baamonde e Yara.

XUVENIL
CD AS PONTES-CCRD PERLÍO (3-1)

Sufrida vitoria do Xuvenil pontés ante o colista sen puntuar, Perlío, por 3-1. Os de Fene puxéronse 0-1, tanto de Germán, preto do descanso, e xa no segundo tempo, o As Pontes foi a polo gol, e empatou nun balón que lle gañou Óscar ó porteiro visitante, e cede atrás para que Cristian marque.

Tras un saque de córner de Josiño, Cazás cabeceou ó fondo das mallas, e pese a algún momento de apuro, preto do final, Óscar controlou e fusilou por baixo ó gardamallas visitante poñendo o 3-1 definitivo,

Isto nun segundo tempo no que outra dúas boas oportunidades chegaron noutra ocasión en que Óscar lle gaña a partida ó porteiro, dispara a porta baleira, pero saca un defensa baixo paus, ou nun man a man de Josiño que desvía a córner o gardamallas visitante.

Tres puntos moi importantes que permiten ós azuis seguir na poxa polos postos altos ante un Eume intratable que goleou 0-4 ó Narón.

Os de Pontedeume teñen 27 puntos por 21 dos azuis, cun encontro menos, e que na vindeira xornada visitan ó Caranza B, sétimo con 7 puntos.

Xogaron Meidán, Fraga, Carlos, Pablo, Breijo, Vilela, Óscar, Chema, Cristian, Xose, Dani e despois David, Cazás, Derick e Jose.

CADETE
EFB AMISTADE DE MEIRÁS-CD AS PONTES (5-1)

Derrota do Cadete 5-1 ante o equipo que o apartou da final de Copa, o Amistade de Meirás. O equipo de Valdoviño xa deixou sentenciado co 3-0 na primeira media hora, e Jandro anotou no desconto o tanto da honra dende o punto de penalti.
Sétimos con 10 puntos, na vindeira xornada reciben ó Narón A, noveno con 7. Xogaron Juan, Eyob, Adrián, Alejandro, Antonio, Nono, Jandro, Santi, Vicente, Xan, Joan, e despois Xoel, Dani, Edgar e Mohamed.

INFANTIL
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES (1-4)

Vitoria do infantil 1-4 na casa do colista Perlío, nun encontro máis igualado do que indica o marcador, xa que pese a dous tantos iniciais de Mario Regueiro e Luis, o 1-2 de Aitor faltando 20 minutos poñía a incertidume no marcador, pero un tanto de Sergio Hermida e outro de Hugo Blanco co tempo cumprido establecían o marcador definitivo.

Quintos con 18 puntos, reciben ó Neda, oitavo con 12. Xogaron Hugo Bouza, Israel, Anxo, Íker, Samuel, Mario, Juan, Carlos, Sergio, Hugo Blanco, Luis, Mateo, Iago, Alejandro, Billal e David.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-EUME DEPORTIVO (2-1)
EF RACING DE FERROL B-CD AS PONTES B (3-3)

Victoria do Benxamín A 2-1 ó Eume, tantos de Nicolás Meizoso, Diego Ortigosa. Terceiros con 12 puntos, visitan ó colista Rápido de Neda. O Prebenxamín B empatou 3-3 en Ferrol, nun encontro que dominaban 0-3 con tantos de Nacho Villasuso, pero con tres goles dos verdes nos derradeiros dez minutos. Terceiros con 10 puntos reciben ó líder con pleno de triunfos Portuarios.

PREBENXAMÍN
CD NARÓN-CD AS PONTES A (6-2)
CD AS PONTES B-CCRD PERLÍO (6-3)

O Prebenxamín A perdeu 6-2 en Narón. Tras comezar perdendo, dous goles de Xoel Galego puxeron o 1-2, pero logo chegaron cinco tantos máis dos naroneses. Sextos con seis puntos antes de recibir ó Numancia, sen puntuar. Pola súa banda, segunda vitoria da tempada para o Prebenxamín B, o seu primeiro triunfo databa da primeira xornada da fase clasificatoria 2-5 ó Maniños. Nesta ocasión 6-3 con dous tantos de Brais Gómez, e un de Iago Bouza, Daniel Peña, Pau Jorrin e Xoel Timiraos. Sextos cos tres primeiros puntos, na vindeira xornada visitan ó líder con pleno de vitorias, o San Sadurniño.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios