Obxectivo: compañías aereas

Os amigus da CiberIrmandade da Fala, teñen un novo obxectivo nas mans: as compañías aereas.

A contratación de viaxes a través de Internet estase a facer máis común en Galiza. Sobre todo se temos en conta que cada vez máis compañías aéreas de baixo custe están comezando a traballar nos aeroportos galegos.
Nunha análise ás páxinas web destas empresas, vemos que a grande maioría utilizan a toponimia galega deturpada. Non só isto, senón que ningunha delas ten unha versión en galego. Isto último é máis relevante aínda cando algunhas delas si que teñen versión noutras linguas oficiais do estado ademais do castelán.

A proposta da Mesa pola Normalización Lingüística e da Ciberirmandade é que as persoas sensibilizadas coa cuestión da lingua envíen correos electrónicos ás compañías aéreas que operan desde Galiza e aos buscadores de ofertas de viaxes correos electrónicos que non teñen en conta que tamén teñen clientes galegos. A idea é demostrarlles que hai unha demanda, e que hai un número importante de clientes ou potenciais clientes seus que teñen moi en conta a presenza ou non do galego como parte dos servizos de calquera empresa.

Máis información en ciberirmandade.org e en amesanl.org

También podría gustarte
Comentarios