Amigus
As Pontes

Amigus Labs Maker 18.2

O Lar de Endesa, acolleu unha nova xornada do Fab Lab pontés, onde argalleiros de todas as idades interaccionaron e aprenderon neste espazo maker.

A xornada comenzou cun obradoiro de modelado en 3d, onde os pequenos e grandes utilizaron a ferramenta gratuita Tinkercad para fabricar os seus primeiros modelos. O uso do interface, a creación e manipulación de obxectos primitivos, textos, símbolos… Finalmente aprenderon a exportar os modelos en .stl para levar as impresoras 3d e fabricar o seu obxeto real.

A ultima hora da maña, máis de 50 rapaces e rapazas dos equipos de rugbi do Clube de Rugby Fendetestas, Club Rugby Ferrol e Muralla Rugby Club de Lugo, visitaron o Fab Lab, interesandose polas posibilidades e funcionamento das impresoras 3d, o uso do Arduino e Raspberry Pi nos proxectos que realizamos en Amigus Labs, e as posibilidades de transferencia aos seus proxectos personais. Os mozos tiñan moitas ganas de aprender e fixéronnos moitísimas preguntas durante a hora que estiveron connosco.

De novo a zona arcade coas recreativas feitas en anteriores Amigus Labs volveu a ter a visita de curiosos e xogadores cos clásicos de 8 e 16 bits.

Xa pola tarde puxémonos ao choio coa fresadora, mellorando a sua estrutura e avanzando na sua finalización, completamos os proxectos de reloxos dixitais que tiñamos en desenvolvemento, probamos distintos tipos de estruturas para as caixas led, e plantexamos melloras no deseño de cúpula xeodésica.

Desde Amigus Labs queremos agradecer a todas as entidades colaboradoras e á súa implicación día a día no proxecto: Concello das Pontes, COHEMPO, ENDESA, EuroEume, Nauta, No Ping, Nodo Dixital, Triade, Severiano Agrocomercial, Escourido Asociados, Clip Carbono, Ferretería Marcos, Lujo, Matojoma, You can school of English, Fitter, Pontesa Marmoles y granitos, Desguaces Vilabella, Óptica Carmela, Galiorient, Servicio Móvil, Areco, Panadería San José, Fotografía Fabian, Don Dino, CONPLC, IcoEume, Preludio Musical, Arprosa, Radio Eter e ao Grupo de Empresa de Endesa.

Amigus Labs é un proxecto da Asociación Informática Amigus.

O noso obxectivo é achegar posibilidades novas cada día, e facémolo poñendo en contacto persoas, ideas e proxectos, e facilitando o acceso a tecnoloxía e recursos.

Amigus Labs está formada por persoas curiosas e con ganas de aprender nun entorno de traballo amigable. Con acceso á tecnoloxía e compañeiros que nos axudarán na nosa aprendizaxe e con ese proxecto que tes en mente, que sabes que pode facerse, pero que agora non sabes como.

Amigus Labs é un proxecto en fase de desenvolvemento para a creación dun Laboratorio de Arte e Creación Dixital. Nestes espazos os deseños realizados por computador pódense materializar en obxectos reais.

O proxecto centrarase na creación dun espazo de traballo comunitario para fomentar o uso e o coñecemento da fabricación dixital e as novas tecnoloxías.

Amigus Labs poñerá a disposición de todos os cidadáns coñecementos e máquinas de precisión controladas por computador para poder realizar e desenvolver as súas ideas. Descubrirás o fácil que é chegar a usar as novas tecnoloxías para fabricar case calquera cousa, a través dun programa educativo de sensibilización que comprende talleres, actividades e cursos de capacitación relacionados coa arte e creación dixital.

Desde a cultura ‘open source’, baseada no concepto de compartir o coñecemento e fomentar o intercambio aberto de ideas. Queremos crear un impacto social e tecnolóxico a escala local empoderando aos cidadáns de As Pontes e comarca a través do uso de novas tecnoloxías, a reciclaxe e a creatividade.

O noso obxectivo é converternos nunha ferramenta educativa e creativa aberta para todos os públicos, a través dun espírito baseado na colaboración, o deseño e o coñecemento compartido.

Amigus Labs é un proxecto en fase de procura de colaboradores e financiamento, que nos permita dispoñer dun espazo físico entendido como espazo de traballo, estudo e desenvolvemento de proxectos.

También podría gustarte
Comentarios