SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – SANTIAGO DE SAMA FS (6-5)

Décima vitoria da tempada do equipo pontés

O Esteo pontés de fútbol sala venceu este sábado ó único equipo asturiano da categoría, o Santiago de Sama de Langreo, nun trepidante encontro, por 6-5.
E iso que non comezaban nada ben as cousas dado que ó pouco do inicio xa marchaban os visitantes con 0-2 no marcador.

Pero repúxose o Esteo cun gol de Gerardo que quedou só ante o porteiro tras pase de Ayala, e o empate do propio Ayala que empalou o balón rexeitado polo pau tras un tiro de Pana.

Voltábanse a poñer por diante os visitantes tras uns minutos nos que embotellaron o cadro local, pero afortunadamente empatou na xogada seguinte Martín de tiro raso, a pase de Pana.

Antes do intermedio seguiu apretando o cadro asturiano, incluso con porteiro-xogador, pero foi o equipo pontés o que marchou con ventaxa ao descanso tras unha xogada na que acabaron rematando a porta Pana e un defensor.

Non lle sentaron ben aos de Javi Saa os inicios de cada período pois ó pouco do reinicio empataban de penalti os visitantes tras unha infracción de Gago, pero que semella un palmo fóra da área.

Nunha contra Héctor incorporase por banda dereita e anota de tiro raso, e despois, tras unha gran xogada, Javichu habilita a Héctor, que lla cede a Martín e este acaba poñendo no marcador o 6-4 de forte disparo.

Pero tras unha perda de balón de Ayala recurtaron distancias os asturianos e houbo que sufrir ata o final co porteiro-xogador, con ocasións para ambos bandos, incluido un tiro ó poste de Martín.

O marcador non se moveu e o Esteo é oitavo con 32 puntos, e garante rematar por riba das tres últimas prazas. Quédalle visitar a Guardo e Xove e recibir ó campión Zamora.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Jesús, Héctor, Gago, Dani, Ayala– cinco inicial – Martín, Gerardo, Pana, Rober, Javichu.

SANTIAGO DE SAMA FS: Pelayo, Isi, Chino, Choki, Márquez – cinco inicial – Dani, Chus, Borja, Viti, Saúl, Milin.

ÁRBITROS: Feliz Otero, Cardero Rodríguez, Quintás Crespo (Ourense). Amarelas a Martín, Gerardo, Pelayo, Saúl, Dani. Expulsado con vermello directo o porteiro suplente.

GOLES: Min. 1 (0-1), Chino. Min. 2 (0-2), Héctor, pp. Min. 9 (1-2), Gerardo. Min. 12 (2-2), Ayala. Min. 14 (2-3), Borja. Min. 14 (3-3), Martín. Min. 20 (4-3), Pana. Min. 21 (4-4), Isi, de penalti. Min. 24 (5-4), Héctor. Min. 30 (6-4), Martín. Min. 31 (6-5), Isi.

INCIDENCIAS: Pavillón da Fraga. Partido correspondente á vixéximo terceira xornada. Uns 150 espectadores.

Copa da Terra Chá
Cadete. O Esteo-Vilalba A (3-3*)
Infantil. O Esteo A-Begonte A (1-1)
Infantil. O Esteo B-Begonte B (3-0)
Alevín. O Esteo-Vilalba (8-2)
Benxamín. Meira-O Esteo (1-6)
Prebenxamín. O Esteo-Vilalba (1-2)

Nova cortesía de Xose Ferreiro e Moisés Fernández

También podría gustarte
Comentarios