Amigus
As Pontes

Os concellos galegos de menos de 35.000 habitantes contarán con axudas para entrar na Sociedade da Información

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Lendo codigocero.com:
“Os concellos galegos poderán mellorar a súa presenza na Sociedade da Información grazas a unha nova liña de axudas da Consellaría de Innovación e Industria con que se achegará ata o 75% do gasto dos concellos na Internet. Agárdase que esta iniciativa faga posible que o 90% dos concellos galegos participen na Sociedade da Información.
As axudas dividirán as súas actuacións segundo o tamaño demográfico dos concellos, de xeito que se impulsará que os concellos con menos de 6.000 habitantes teñan presenza na Internet a través dunha páxina web propia, mentres que os concellos de entre 6.000 e 35.000 habitantes contarán con recursos financeiros para impulsar novas dinámicas sociais no ámbito da Sociedade da Información mediante ferramentas que fomenten a interrelación entre os cidadáns e o achegamento da administración á xente do concello.”…


…”Estas axudas pretende corrixir a situación actual, pois só o 31,25% dos concellos menores de 5.000 habitantes contaban con web en 2005, segundo parece, polos seus poucos recursos económicos.
A Consellería pretende que as páxinas web que se creen estean baseadas en software libre, dispoñan de documentos descargables en formato aberto e teñan o galego coma primeira lingua vehicular, así como procurarán cumprir cos estándares de accesibilidade e usabilidade considerados axeitados pola U.E. como normas de facto (W3C-WAI-AA).”…
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios