Amigus
As Pontes

A PONTE DOS FERROS, PRIMEIRA CONFERENCIA DAS XORNADAS DE ‘HUME’

No ano 1621 o Mestre Pedro de Vilar traza a “Ponte dos Ferros”, e faise o contrato de construcción da mesma, pegada á porta da vila e á muralla. Rematan as obras da ponte no ano 1628, en que se move preito entre os representantes do Conde de Lemos e os mestres de cantería, Domingo de Villar e Juan de Buyo, por ter derrubado o torreón e a Porta da Vila, así como parte das cercas, aproveitando a pedra na construcción da ponte. Terán que facer de novo a Portada e descontar o valor da pedra do torreón.

ponte-ferros-2.jpg

Estes, e moitos outros datos, chegan a nós gracias á valiosísima laboura de investigación do profesor Carlos Breixo, a través de infinidade de arquivos e documentos. A el lle debemos a datación e a autoría da Ponte dos Ferros nun fermoso traballo que verá próximamente a luz no número 1 da Revista da nosa Asociación de Estudios Históricos e Sociais “Hume”, e que nesta ocasión nos vai a presentar previamente.
Dende a Asociación queremos agradecerlle moi especialmente os tres anos que nos leva acompañando nas xornadas de estudios locais de As Pontes, a grande aportación de datos que nos leva entregados ata o momento por medio das súas conferencias e artigos, así coma a grande calidade humana coa que nos anima sempre na tarefa de investigación e promoción da propia historia.
hume historia

A súa conferencia será esta tarde ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal iniciando así as III Xornadas de Estudios Históricos e Sociais de As Pontes.

También podría gustarte
Comentarios