Amigus
As Pontes

Hemeroteca

Ao longo destes últimos oito meses, de luita pola conservación da Necrópole da Mourela, a inxente cantidade de información verquida nos diferentes medios de prensa locais, comarcais e provinciais, sobor do círculo lítico é máis que suficiente para por evidencia a necesidade da creación dun novo apartado nesta páxina.
Dende hoxe xa tendes á vosa disposición a Hemeroteca do Círculo Lítico da Mourela que recolle tódolos artigos relacionados co círculo lítico aparecidos na prensa escrita. A nosa intención é incorporar tamen os artigos que con toda probabilidade se publicarán ao respecto da situación da Mourela e a alternativa do túnel, nos vindeiros meses.

Hemeroteca do Círculo Lítico da Mourela

También podría gustarte
Comentarios