A CHEGADA DO CONCILIO VATICANO II A AS PONTES. O VI CONGRESO EUCARÍSTICO COMARCAL E A INAUGURACIÓN DA IGREXA DO POBOADO

Hai 42 anos que As Pontes celebraba o VI Congreso Eucarístico Comarcal. Precedéronlle os congresos de Vilalba, Viveiro, Ribadeo, Terra Chá, e Mondoñedo. Co Congreso chegaba á vila a reforma litúrxica i eclesial do Concilio Vaticano II, ó tempo que se inauguraba o novo templo do Poboado.
No presente artigo intentarei achegarvos a esas datas nas que algúns ainda non existiamos, nas que outros naceron, e nas que algúns de vós, dos vosos pais e avós participaron nun sinfín de actos relixiosos que movilizaron a vila pontesa a mediados dos anos sesenta.


FOTO DA IGREXA DO POBOADO NA SÚA INAUGURACIÓN EN 1965
igrexa-do-poboado.jpg

No Boletín Oficial do Bispado de Xullo de 1965, Ano CX, nº 7, cóntase como naquel momento celebrouse na “industriosa villa de Puentes de García Rodríguez”, o VI Congreso Eucarístico Comarcal. Congregaba ás parroquias do Arciprestado de As Pontes, e ainda a maiores, á parroquia de Seixas. Así, polo tanto, eran as que seguen:
As Pontes, O Burgo, Cabreiros, Freixo, Somede, Xermade, Alto de Xestoso, O Val de Xestoso, Lousada, Momán, Muras, Piñeiro, Mirad, Recemel, Espiñaredo, Roupar, Aparral, Seixas, Deveso, e Vilavella.
O anuncio do Congreso realizouse o 11 de Outono de 1964 dende Roma, onde o Bispo da diócese, Jacinto Argaya, se atopaba asistindo ó Concilio Vaticano II. Fixábase o Congreso para celebrarse entre o 11 e o 13 de Xuño de 1965. E observábase que “esperamos que estas fiestas puedan coincidir con la inauguración del hermoso templo en el poblado de la Empresa Nacional “Calvo Sotelo””.
Os actos previstos eran: “misión general en todas las parroquias, consagración del nuevo templo del Poblado, día infantil, ordenación de los nuevos Presbíteros, día sacerdotal, concelebración de la Misa…”
Esta carta do Bispo convocou ós Arciprestes da zona, que iniciaron as xestións cos párrocos e cos mestres das escolas de cara á organización do mesmo.
O diseño do Cartel encargouse a D. Manuel Herba Casal, que colocou un cáliz alzado tendo por fondo a Empresa Calvo Sotelo. Don Manuel era Presidente da Comisión de Centros de Ensino e Director da Agrupación Escolar da Empresa Nacional Calvo Sotelo. O cartel foi realizado a tres tintas.
CARTEL DO CONGRESO EUCARÍSTICO DE AS PONTES
cartel-congreso.jpg

O Delegado diocesano de Pastoral Litúrxica quixo aproveitar estos congresos para implatar a renovación litúrxica do Concilio Vaticano II: a lingua “vernácula”, fronte ó latín, coma idioma no que se celebrara; a simplificación litúrxica; a desaparición da “Misa de costas”, a procuración dunha maior participación do pobo na celebración.
Para a organización do Congreso o Bispo mantivo tres reunións na vila nunha mesma xornada do 27 de Nadal de 1964. Unha pola mañá cos párrocos e sacerdotes da comarca, outra ás catro e media da tarde cos mestres, e unha última ás sete e media no salón de sesións do Concello con “un grupo de señoras y caballeros”.
Formaban estas comisións:
“Comisión Central: Presidente: D. Manuel Veiga Eijo, Alcalde; Consiliario: Muy Rvdo. Sr. D. José Río Seijo, Arcipreste; Vocales. D. Pablo María de Basáñez, Director de ENCASO; Sr. Juez Comarcal de Puentes; D. Antonio Roviralta; Sres. Presidentes de las demás Comisiones.
Comisión de Propaganda: Presidente: D. Fernando Alarcón; Consiliario: D. José Mª López Castro; Vocales: D. Antonio Cárdenas; D. Rodolfo Yebra; D. Vicente Rodríguez Cao; D. Rafael López Palma; D. Pedro Sanjurjo; D. Ramón Rodríguez.
Comisión de Actos y Concentraciones: Presidente: D. José Pérez Cid; Consiliario: D. José María López Castro; Vocales: D. Felipe Arnaiz, D. Emilio Santomé Castro, D. Julio-José Illade, Sr. Teniente de la Guardia Civil.
Comisión de Centros de Enseñanza: Presidente: D. Manuel Herba Casal; Consiliario: D. Atilano Maciñeira; Vocales: D. Manuel Amor, Dª Marciala Iglesias, Dª Concepción González Noya, D. Ramón Niebla, Srta. Maruja Gato.
Comisión Económica: Presidente: D. Roberto Tojeiro; Consiliario: D. José Varela Lage; Vocales: D. Guido Seijas, D. José Ferro Rodeiro, D. Fernando de la Fuente, D. Adolfo López Vizoso, D. Francisco Chao Sandomingo, D. José Seoane López.
Comisión del Ropero Eucarístico: Presidenta: Dª Gloria Scheiffler de Basáñez, Consiliario: D. José Río Seijo; Vocales: Sra. de Alarcón, Sra de Roviralta, Sra de Sanjurjo, Dª Maruja Hernando de Illade, Srta. Pilar Silva, Srta. María Vidal.
Comisión de Exposiciones: Presidente: D. Amancio González Mallo; Consiliario: D. Atilano Maciñeira; Vocales: D. Cesáreo González Dopeso, Sr. Notario de Puentes, D. Angel Méndez Soria; D. Vicente García Lastra y D. Enrique Guerra”.

Na organización do Congreso xogaban un importante papel os mestres das distintas escolas, que se xuntaron o 21 de febreiro para xantar co bispo e preparar conxuntamente o encontro. Incentivouse ós nenos a través de varios concursos.
FOTO DOS MESTRES DA COMARCA CO BISPO
mestres.jpg

Un dos momentos fundamentais do Congreso e da súa preparación, formábano as misións de predicadores. Non sempre debían ser frades ou relixiosos, senón que a maioría foron cregos diocesanos que previamente recibiran formación no Bispado para esta tarefa. Algún deles sigue en activo na actualidade. Foron os que seguen:
No Burgo: entre o 2 e o 9 de Xuño, en Carelle. Predicador: Julio Ladra López.
En Cabreiros: entre o 21 e o 30 de Maio, no templo parroquial. Predicadores: Manuel Ladra López e Álvaro Rábade Romero.
No Freixo e Somede: entre o 2 e o 9 de Maio, no templo parroquial e na capela de Merlán. Predicadores: Ricardo Rico Basoa e José Lage Grandío.
En Xermade: entre o 14 e o 23 de Maio, no templo parroquial. Predicador: Ángel, capuchino do Convento de Vigo.
No Alto de Xestoso: entre o 4 e o 11 de Abril. Dous centros misionais. Predicadores: Secundino García Carregado, Jesús Goldar Novo, Julio Ladra López.
En Lousada: entre o 21 e o 30 de Maio. Dous centros misionais. Predicadores: Alberto González Seivane e Ramón Pérez Díaz.
En Momán: entre o 21 e o 30 de Maio. No templo parroquial. Predicadores: Manuel Cabana Fernández e Salustiano Pedre Cobeiras.
En Muras: entre o 22 de Abril e o 2 de Maio. No templo parroquial. Predicadores: os xesuítas Francisco Martínez e Vicente Piñón.
En Piñeiro e Miraz: entre o 9 e o 16 de Maio. Nos templos parroquiais. Predicadores: José Bello Lagüela e Luis Fole Freire.
Nas Pontes: en sete centros misionais, tres deles na vila e catro en barrios. No templo parroquial predicaron os xesuítas Padre Gutierrez e Padre Piñán. No poboado os xesuítas Padre Lousa e Padre Santos. No centro das Campeiras os xesuítas Padre Prado e Padre Mata. E nos barrios predicaron os sacerdotes diocesanos José Domínguez Guizán, José María López Castro, José Couce Rey, Eugenio Núñez Ríos, Manuel Cabana Fernández, Manuel Pérez Bello.
En Recemel i Espiñaredo: entre o 21 e o 31 de maio. Nos templos parroquiais. Predicadores: Lázaro Domínguez Gallego e Carlos Navarro Antón.
En Roupar e Aparral: entre o 21 e o 31 de maio. Nos templos parroquias. Predicadores: José Díaz Campos e José Caruncho Pérez.
No Val de Xestoso: entre o 16 e 23 de maio. No templo parroquial. Predicadores: Joaquín Campo Freire e Javier Méndez Pérez.
Na Vilavella: entre o 21 e o 30 de Maio. No templo parroquial da Vilavella predicaron Benigno López García e Luis Fachal Fraguela. No Meidelo José Buide Rodríguez, e en Saa José Couce Rey.
Este grande despliegue de predicadores precisaba dunha publicación ou dun órgano de comunicación escrito que en outros Congresos coma no de Viveiro tomaron nomes coma “Eucaristía”.
PORTADA DA PUBLICACIÓN “EUCARISTÍA” DE VIVEIRO
publicacion-viveiro.jpg

En As Pontes a publicación tivo un nome cun marcado tono “patriótico”, por chamarlle dalgún xeito, e titulouse “En Pié”. Ese foi o órgano oficial do Congreso, que se distribuía gratuitamente.
Por aqueles anos, Manuel Fraga Iribarne era o Ministro de Información e Turismo, e a diócese aproveitou este feito para solicitarlle ó seu ministerio a través das seccións de Actos Públicos e Radio Nacional a montaxe dun gran palco-altar na Praza América. Tamén se encargaron de adornar “la villa con gallardetes y banderas enhiestas en airosos mástiles y montaron un perfecto servicio de altavoces”.
Cada congreso contou cun himno, e si en Viveiro o himno levou a letra da hoxe afamadísima nas letras galegas, Luz Pozo Garza, e do director Antonio Amigo Ramos; en As Pontes a letra púxolla Pilar Silva, e para a música foi chamado o tantos anos director da Coral Polifónica Endesa, don Alfonso de la Torre Piñeiro. O himno destacaba pola súa sinxeleza e viña a seguer o que segue:
HIMNO DO CONGRESO EUCARÍSTICO DE AS PONTES
Letra: Pilar Silva
Música: Alfonso de la Torre Piñeiro
El campo y la industria de un pueblo gallego
rinden homenaje al Dios verdadero.
Es hoy nuestro canto plegaria sincera
y promesa humilde de unión verdadera.
Tu santa doctrina será nuestro guía,
y gracias te damos por tu Eucaristía.
El campo y la industria…
Por ti, Cristo, al Padre toda gloria damos;
Contigo ofrecemos la vida y trabajo;
Por ti somos uno los seres humanos;
Forzoso es amarse y vivir como hermanos.
El campo y la industria…

Agora quedaba crear un exhaustivo programa xeral de actos que seguíu á misión preparatoria.
“Día 1 de mayo. Comienzan las Santas Misiones en las parroquias de Cabreiros, Espiñaredo, Recemel, Lousada, Momán, Roupar y Vilabella. Finalizarán el domingo, día 30. Las restantes parroquias las han tenido en fechas distintas.
Día 28 de mayo. Santas Misiones en Puentes de García Rodríguez. Serán predicadas en tres Centros Misionales por seis Padres Jesuítas.
A las 7 de la tarde, concentración de fieles y PP Misioneros en el Santuario de la Stma Virgen del Carmen, a cuya maternal protección se confía la Santa Misión. Seguidamente Procesión con la venerada Imagen hasta la Plaza de América, donde serán recibidos los Misioneros por el Excmo Sr. Obispo de la Diócesis, Corporación Municipal y demás Autoridades.
Uno de los días de la Santa Misión será dedicado a los enfermos de la Parroquia, administrándoles solemnemente la Sda. Comunión.
Semana del Congreso
Día 6 de Junio. A las 12 de la mañana, en el Teatro Alovi, PREGÓN DEL CONGRESO, a cargo de D. Gonzalo Fernández Obanza, Letrado del Ilustre Colegio de Abogados de La Coruña.
A las 17,30 en la Plaza América, solemne CLAUSURA DE LA SANTA MISIÓN, con asistencia de los fieles de los Centros Misionales.
Día 7 de Junio. Apertura de las Exposiciones de: Arte Sacro, Escolar y Ornamentos sagrados.
Días 7,8,9 y 10. A las 7 de la tarde de cada día, en el nuevo Templo del Pobaldo, CONFERENCIAS sobre Pastoral y Arte Litúrgico-Eucarístico, a cargo del M.I. Sr. Fernando Porta de la Encina y de los Rvdos. Sres. D. Eugenio García Amor, D. José Mª Fernández y D. José Chao Rego.
A continuación de cada Conferencia, MISA COMUNITARIA que se ofrecerá respectivamente, POR EL PAPA, el CONCILIO, la PAZ y los fines del CONGRESO EUCARISTICO.
Junio 11. Día de los niños. A las 10, en la Plaza de América, concentración de todos los niños de las parroquias del Congreso. Misa Comunitaria. En ella recibirán la Primera Comunión los niños de la Comarca y se acercarán a recibir al Señor los demás niños.
Ofrenda por el Ilmo. Sr. Inspector Jefe de Enseñanza Primaria de La Coruña, D. Víctor Sáenz y Sáenz. Imposición de Roquetes a los nuevos acólitos de las distintas Parroquias. Desfile de la Unidad de Desembarco del Tercio Norte de Infantería de Marina.
A las 12,30, Reunión de los Sres Maestros con el Rvdmo. Prelado y el Ilmo Sr. Inspector Jefe y Sres. Inspectores de Zona de Enseñanza Primaria.
A las 16,30, Proclamación de Campeones del Certamen Catequístico.
A las 17 Acto Eucarístico de la Plaza de América.
A las 18 en el Campo de Deportes del Poblado, Entretenimientos infantiles.
Junio 12. Día Sacerdotal. A las 9,30, en el Templo del Poblado, solemne Ordenación Sacerdotal de los nuevos Presbíteros de la Diócesis.
sacerdotes.jpg

A las 12,30, en el Teatro Alovi, Acto de Homenaje a los nuevos Sacerdotes y a sus padres.
A las 17 horas, Reunión de Estudio del Excmo Sr Obispo con los Sres Párrocos y Sacerdotes de la Comarca.
A las 23 horas, en la Iglesia Parroquial solemne Vigilia de Adoración Nocturna. En ella se constituirá la Sección de Puentes de García Rodríguez. Asistirán diferentes Secciones con sus Banderas. Comenzará con la Procesión de Banderas hasta el Templo Parroquial.
En la madrugada del día 13, Procesión y Bendición de las Espigas.
Junio 13. Día de la Clausura. A las 17 horas, en la Plaza América, solemne Misa Pontificial Concelebrada por el Sr. Obispo de la Diócesis y los Sres Párrocos de la Comarca.
Ofrenda de frutos del campo y productos de la Factoría de la E.N. Calvo Sotelo (al Ofertorio).
Comunión General de los fieles de la Comarca; será distribuída por el Rvdmo Prelado y Sacerdotes concelebrantes.
Finalizada la Santa Misa, Lectura de las Conclusiones del Congreso.
Ofrecimiento del Trabajo, por un obrero de la E. N. Calvo Sotelo, y por un Trabajador del campo.
Consagración de la Comarca a Jesús Sacramentado, por el Sr Alcalde de Puentes.
Plegaria del Excmo Sr. Obispo de la Diócesis.
Himno del Congreso.
Bendición con el Santísimo.
Solemnidad Procesión de Retorno de Jesús Sacramentado al Templo Parroquial.

A IGREXA DO POBOADO
Co Concilio Vaticano II, e no ano 1965 inaugúrase a Igrexa do Poboado, que por aquel tempo estaba presidida por un Cristo que na actualidade se atopa na Capela do Cementerio das Campeiras. Poucos anos despois, encárgase unha obra especial a un dos mellores escultores nacionais do momento: Enrique Pérez Comendador. Con motivo das festas patronais do 2006, pareceume oportuno publicar un artigo sobre a “Imaxinería relixiosa de As Pontes do século XX”, nese artigo contábase o que segue sobre o autor:
IMAXE DA VIRXE DO POBOADO NA SÚA INAUGURACIÓN
(Na foto, todavía presentaba os raios que a rodeaban, e que o autor pideu que lle fosen retirados)
virxe-da-luz.jpg

“Se temos que falar dunha obra escultórica relixiosa do século XX nas Pontes non debemos esquecernos da Virxe da Luz que preside a Igrexa do Poboado.
Trátase dunha descomunal imaxe de madeira policromada que mide aproximadamente os catro metros de altura. A Virxe, que está descalza sobre dúas pombas, ten no seu colo o Neno que sostén un facho que noutrora alumeaba. Destaca polo seu sorriso e a súa fermosura.
Falaremos do autor e da muller que no seu día inspirou o rostro desta impresionante, única e irrepetible obra escultórica. Chamábase D. Enrique Pérez Comendador (a palabra Comendador aparece gravada no manto da imaxe en letras grandes). Naceu en Hervás, na provincia de Cáceres en 1890 e faleceu en Madrid en 1981. É o escultor máis importante de Extremadura no século XX e un dos máis sobresaíntes no panorama escultórico nacional. Contraeu matrimonio coa pintora francesa Magdalena Leroux en 1931.
FOTO DE PÉREZ COMENDADOR
perez-comendador.jpg

Pérez Comendador foi becario da Academia Española de Bellas Artes de Roma entre 1934 e 1939. Trala guerra civil obtivo a cátedra de modelado do natural da Escola de Belas Artes de Madrid que exerceu ata a súa xubilación. Entre 1969 e 1973 foi director da Academia romana da que fora becario. Foi ademais numerario das Reais Academias de Belas Artes de San Fernando e de Extremadura, así coma das italianas de San Lucas de Roma, de Florencia e de Honra da de Santa Isabel de Hungría en Sevilla, entre outras.
Estaba en posesión da Medalla de Ouro ao Mérito do Traballo e da Gran Cruz da Orde Civil de Alfonso X, O Sabio, así como da Encomenda da Orde do Mérito Civil, obtibo as Cruces da Coroa de Talla e a do Mérito de Chile. Foi fillo predilecto de Hervás e adoptivo de Sevilla, membro de honra da Sociedade Nacional de Belas Artes de Chile e premio Miguel de Cervantes en 1975. Realizou pasos para a Semana Santa de Sevilla e Zamora, entre outras.
Na súa poboación natal de Hervás atópase o Museo Monográfico “Perez Comendador-Leroux” adicado á súa obra, onde tamén están recollidas as obras da súa muller Magdalena Leroux.
Don Enrique Pérez Comendador estivo nas Pontes para a inauguración desta imaxe que supliu ao Cristo que hoxe se atopa na Capela do Cemiterio das Campeiras e que ata entón presidía a Igrexa do Poboado. Contento por inaugurar esta imaxe, suxeríu que lle fosen retirados uns clásicos raios metálicos que se puxeran saíndo dela e que non eran acordes cunha imaxe de arte moderna coma esta.
FOTO DE MAGDALENA LEROUX
magdalena-leroux.jpg

Don Enrique tivo, coma todos os artistas, a súa musa. Era a súa dona, Magdalena Leroux Morel, nada en París en 1902. Ela foi tamén artista, unha afamada e brilante pintora da época que falecería en 1985. O seu rostro foi a inspiración para o da imaxe da Igrexa do Poboado, un rostro humano cunha enorme ollada e un fermoso sorriso”.
Xabier Martínez, nos derradeiros intres do Círculo Lítico.

También podría gustarte
Comentarios