Amigus
As Pontes

CDlibre.org

Dende este pasado luns están dispoñibles as recopilacións de software libre / gratuito para Windows de cdlibre.org, que conteñen 760 programas diferentes. Nas últimas 4 semanas publicáronse novas versións de 98 programas /entre eles, programas como Drupal, Inkscape, IZArc, OCS NG, Paint.NET ou WireShark). Tamén se engadiron 17 novos programas (entre outros, o cortalumes Comodo, as utilidades CamStudio, IcoFX ou sTabLauncher e o xogo Super Mario War…


cdlibre.org está adicado á difusión do software libre / gratuito para Windows. En cdlibre.org pódese consultar o catálogo de software para descargar os programas individualmente ou descargar imaxes ISO de CDs e DVDs con tódolos programas incluidos. Todos os programas son pra Windows e polo menos gratuitos para uso persoal e sen limitacións temporais. Ó redor do día 15 de cada mes se actualizan os CDs e semanalmente se actualizan e amplian as referencias. Ademáis un boletín semanal permite recibir por correo electrónico o listaxe de novidades.

También podría gustarte
Comentarios