Amigus
As Pontes

O CD AS PONTES XA TEN 15 XOGADORES

Anunciou estes días catro fichaxes

O CD As Pontes xa conta con 15 xogadores no seu plantel. Ás 11 renovacións anunciadas a semana pasada, sumanse esta semana catro incorporacións.

Trátase do porteiro Pelayo Ledo, procedente do Viveiro, o defensa Martín Traba, do Ribadeo, o experimentado dianteiro Erni, ex do Vilalbés en Terceira División, e Viveiro en Preferente, e o tamén dianteiro Sergio Fernández, procedente do Betanzos.

Estas catro altas veñen a suplir as baixas do gardamallas Kiko, que retorna ó Viveiro, ós defensa Maroñas, e os dianteiros, Eloy, que marchou a Alemaña no mercado invernal, e Adrián Iglesias, que por motivos académicos marcha a Ourense.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios