Amigus
As Pontes

Convocados máis de 4,2 millóns en axudas TIC para empresas e asociacións

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Lendo sociedadedainformacion.eu:
“A Consellería de Innovación e Industria publica hoxe, martes 24 de abril, no DOG dúas convocatorias de axudas relacionadas coas Tecnoloxías da Información (TIC). A primeira delas destinará 3 millóns a mellorar a competitividade tecnolóxica das empresas galegas. A segunda adicará 1,2 millóns para que as entidades sen ánimo de lucro organicen eventos que promovan a sociedade da información.”…


…”O prazo para solicitar as axudas remata o 25 de maio. Aínda que o límite inicial do investimento é de 4,2 millóns, está previsto que se poida ampliar, en función da demanda e da dispoñibilidade orzamentaria.
Axudas para empresas
As empresas de todos os sectores poderán solicitar subvencións para investimentos en infraestruturas, como, por exemplo, a instalación de redes sen fíos ou servidores. As adaptacións de aplicacións informáticas ás necesidades das compañías tamén poderán recibir a contribución da Consellería de Innovación e Industria.
Ademais, a Orde establece axudas especificamente para as empresas que traballan no desenvolvemento de aplicacións informáticas, tanto de código aberto como propietarias.
Por outra banda, subvencionarase a formación dos traballadores das empresas que traballan coas tecnoloxías da información. Estas compañías poderán pedir axudas para, por exemplo, enviar aos seus técnicos a cursos de formación especializada.
Axudas para organizacións sen ánimo de lucro
A segunda convocatoria está destinada a “promover actuacións de difusión e formación relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información”. Poderán participar as entidades sen ánimo de lucro e, especificamente, as universidades do país e os colectivos que defenden ás persoas desfavorecidas.
A organización de cursos de formación -tanto para cidadáns, como para PEMEs- é unha das actuacións subvencionables. Tamén se poderá pedir contribución pública para a instalación de aulas de formación e a organización de eventos -xornadas, congresos, etc.- que difundan as vantaxes da sociedade da información.
Información e trámites
A Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información dispón de varias liñas de teléfono no que se pode ampliar información sobre estas e outras subvencións. Son o 981544341, 981545583 e 981 545535.
Os impresos e as bases das convocatorias tamén se poden consultar en internet, tanto na web do DOG, como na Dirección Xeral e na Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI).
Resultado do PEGSI
Tanto os criterios que rexen as axudas como os obxectivos das mesmas responden ao especificado no PEGSI, o documento que guía a política de novas tecnoloxías da Xunta de Galicia.
Así, os criterios das subvencións ás empresas responden a estratexia operativa Desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información ; mentres que as motivacións das axudas ás entidades sen ánimo de lucro pódense consultar, entre outros apartados, na estratexia Inclusión e sostibilidade.”…
Fonte: sociedadedainformacion.eu

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios