Amigus
As Pontes

ESPAÑA ALCANZA AS SEMIFINAIS DO EUROPEO SUB19

Os catro semifinalistas serán Dinamarca, Alemaña, Noruega e España

A selección española feminina sub19, na que está a xogadora pontesa Malena Mieres, ven de clasificarse hai uns minutos para as semifinais do Campionato de Europa.

España, que comezou con mal pé no torneo tras caer 0-2 ante Noruega, refíxose tras vencer 2-0 a Suiza, tantos de Olga Carmona e Rosa Márquez, e tras gañar hoxe á sempre complicada selección francesa por 2-1 cos goles de Athenea del Castillo e Olga Carmona.

O grupo A remata con Noruega de primeira, e España de segunda, ambas con 6 puntos, seguidas da locataria Suiza con 4, e Francia con 1, xa eliminadas.

Tamén emocionante estivo o grupo B, onde houbo un triple empate a seis puntos, no que clasificaron Dinamarca de primeira, e Alemaña de segunda, quedando fora Holanda, cos mesmos puntos, e Italia, sen puntuar.

Este vindeiro venres 27 xogarán por unha parte Noruega e Alemaña, nun duelo curioso, entre as alemanas, que son as que máis veces gañaron a competición, seis, e as noruegas, o mellor equipo dos que nunca gañou, xa que foron catro veces finalistas e alcanzaron as semifinais en oito ocasións.

Pola outra banda cruzaránse España, gañador da última edición, en 2017, ademáis da de 2004, con Dinamarca, a gañadora do primeiro Europeo sub19 Feminino en 1998. O conxunto danés liderou o seu grupo pese a comezar o evento perdendo 0-1 ante Alemaña, gañando despois 1-0 a Italia, e hoxe 3-1 nun duelo directo con Holanda.

Malena foi suplente da porteira do Oviedo, María Echezarreta, nos dous primeiros encontros disputados, xogando completo este partido ante o equipo francés.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios