Fotos noite de San Xoán na cooperativa Santiago Apóstol
A popular noite de San Xoán celébrase dende a antigüidade para festexar a noite máis curta do ano, e ademais como festa pagá, para purificar as almas e de paso espantar algunha meiga ou diaño que ande por ai.
Neste caso coma todos os anos, na cooperativa Santiago Apóstol, da rúa Celso Emilio Ferreiro, celebrouse a popular noite de San Xoán, onde non faltou de nada: Viño, sardiñas, churrasco, música en directo…e algún diaño pequeniño tamén tivemos.
Fotos cortesía de José Antonio.













