Amigus
As Pontes

PARTIDOS CD AS PONTES 16-17 NOVEMBRO

Vitorias do Feminino, Cadete, Infantil, Benxamín A e ambos Prebenxamíns

FEMININO
CD AS PONTES-CD ROSALÍA (4-2)

Vitoria 4-2 do feminino pontés ante o Rosalía de Vilaboa. Ao descanso chegouse co marcador de 1-0, tanto anotado por Paula Baamonde ao comezo, tras un forte disparo dende fóra da área que entrou axustado ó pau.

Nos primeiros minutos da reanudación chegaron outros cinco goles máis. Ampliaba o marcador Carlota, pero recurtaba distancias Irene. Pero outro tanto da capitana e o segundo de Paula, poñían o 4-1, voltando a dar emoción ó partido un gol de María, pero aguantou o marcador o equipo local cun so cambio e non se moveu ata o remate.

Oitavas con 11 puntos, visitan ó Cebarca, undécimo con 5 puntos. Xogaron Leti, Yoli, Andrea, Lucía, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Uxía.

XUVENIL A
VICTORIA CF B-CD AS PONTES (3-2)

Derrota do Xuvenil A, que se quedou coa mel nos beizos, tras ver como os locais se poñían 2-0 ós poucos minutos, e despois de conseguir igualar no segundo período con tantos de Jandro e Miguel, no último cuarto de hora un terceiro gol dos coruñeses os deixaba sen puntos.

Son decimo quintos cos oito puntos e necesitan gañar ó colista Atlético Arteixo. Xogaron Nesi, Carlos, David, Pablo, Breijo, Edgar, Jandro, Vilela, Cristian, Brais, Miguel, e despois Dani, Óscar e Álvaro.

CADETE
CF ESTRELLA-CD AS PONTES (0-2)

Dous tantos mediado o segundo período, de Joan e Jandro, deronlle os tres primeiros puntos ó Cadete na liguiña final. Sétimos con 3 puntos, reciben ó Meirás, aínda sen puntuar.

Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Adrián Bellas, Samuel, Mario Fraga, Jandro, Luis, Hugo, Joan, Xoel, Adrián Piñón, e despois Edgar, Íker, Sergio, Yadai e Dani.

INFANTIL
CD AS PONTES-SCDR NARÓN O FREIXO B (7-0)

Triunfo 7-0 do Infantil ante O Freixo B, goles de Anxo Blanco (3), Antón Varela, David Cendán, Anxo Rey e Ángel Purriños, e con esta vitoria ante un rival directo aseguraronse entrar no grupo dos mellores. Son cuartos con 13 puntos, e visitan ó Caranza C, oitavo con tres, no derradeiro encontro da liguiña.

Xogaron Hugo, Sergio, Antón, David, Anxo Rey, Carlos, Xose, Ali, Anxo Blanco, Ángel, Diego, Iago, Pablo, Israel, Bruno e Cristian.

ALEVÍN
NUMANCIA DE ARES CF-CD AS PONTES A (3-2)
CD AS PONTES B-SCDR GALICIA DE CARANZA DE (1-1)

Derrota do Alevín A 3-2, tantos de Andrea Cruz e Nico Meizoso, que viu como lle remontaban un 0-2 no segundo tempo, co que os numantinos igualan na clasificación e quédalles un encontro máis dado que o As Pontes descansa na derradeira xornada, de momento, segundo con 15 puntos. Empate 1-1, gol de Almahdi Belhaj, do Alevín B, ó que lle igualaron os caranceños case co tempo cumprido. Cuartos con 13 puntos despiden a liguiña visitando ó Portuarios, terceiro con 15.

BENXAMÍN
FC ORTIGUEIRA-CD AS PONTES A (0-4)
CD AS PONTES B-ORTIGUEIRA FC B (0-6)

Oitava vitoria do Benxamín A que lidera con 24 puntos, e recibe ó colista San Pedro A na derradeira xornada. Goles de Lucas Blanco, Íker Ares, David Maseda, Nacho Villasuso. O Benxamín B pola súa banda perdeu 0-6, e son sétimos con 10 puntos. Despiden a liguiña visitando ó Perlío B, noveno con catro.

PREBENXAMÍN
CD CARIÑO-CD AS PONTES A (0-9)
CD AS PONTES B-EUME DEPORTIVO BE (8-1)

Goleada do Prebenxamín A, goles de Xoel Timiraos (2), Brais Gómez (2), Izan Carro (2), Xalo Franco, Anxo Paz, Pablo Mariño. Son cuartos con 15 puntos e descansan na vindeira última xornada. Primeiro triunfo do Prebenxamín B remontando o tanto inicial dos de Pontedeume, con goles de Pau Jorrin (3), Daniel Peña (2), Álvaro Roca, Adrián Ameneiro e Alejandro Durán. Cos seus tres primeiros puntos rematan a liguiña visitando ó Neda, que tamén suma tres.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios