Amigus
As Pontes

Xapón leva ventaxa nas aplicacións da pila de combustible

Lendo iblnews.com:
“Fai dez anos, as investigacións sobre a pila de combustible revelaban un sector ‘prometedor’ en Xapón. Este ano, empresas xaponesas anunciaron o nacemento do primeiro prototipo mundial de pila de combustible para ordenador portátil e unha pila máis pequena de combustible con metanol para os teléfonos móbiles.”…


…”Inventada en 1839 por un británico, William Grove, a pila de combustible produce electricidade pola reacción da molécula de hidróxeno (H2) coa do oxíxeno do aire (O2).
Os xigantes xaponeses do automóvil Toyota e Honda xa fixeron funcionar coches coa pila de combustible en decembro de 2002 e foron os primeiros, pero esta aplicación está aínda lonxe de poder formar parte da vida diaria por razóns de custo, de almacenamento e de dificultade de transporta-lo hidróxeno.
Os pequenos aparatos lanzados por Toshiba ou NEC poderán ser comercializados, segundo afirman estas empresas, a finais do ano que ven ou en 2005. Os xaponeses poderán se-los primeiros en comercializar esta tecnoloxía.
Segundo un especialista francés, Xapón leva entre un e tres anos de ventaxa sobre Estados Unidos e catro ou cinco a Europa en materia de pilas de combustible para ordenadores portátiles e teléfonos móbiles. A ventaxa da micropila de combustible é a gran autonomía que ofrece, por riba das pilas clásicas.”
Fonte: iblnews.com

También podría gustarte
Comentarios