Amigus
As Pontes

Tres ponteses vestirán a camisola da Selección Galega de fútbol

Dous veciños ponteses, Simón Cabarcos (Narón B.P.) e Xoel González (C.C.D. Cerceda), foron de novo convocados coa Selección Galega de Fútbol afeccionado pra disputar a “Copa das Rexións UEFA” nos partidos da Primeira Fase de referencia, que se xogarán os días 7 e 8 de Decembro na localidade navarra de Corella. Pola súa parte, David Rochela xogará un amigable de preparación coa Sub-18 contra os xuvenís da División de Honra do Deportivo da Coruña.
Info enviada por Xosé A. Ferreiro.


Horarios dos encontros:
Venres día 7 de Decembro – 17:00h – Navarra – Galicia (Estadio José Luis Arrese – Corella)
Sábado día 8 de Decembro – 17:00h – Catalunya – Galicia (Estadio José Luis Arrese – Corella)
Listaxe completa de xogadores convocados con Galicia:
convocados_1.JPG
Ver documento orixinal da convocatoria na web da Federación Galega de Fútbol.
O tamén futbolista pontés David Rochela foi convocado de novo coa Selección Galega Sub-18 pra disputar un partido amigable de preparación contra o equipo de xuvenís da División de Honra do Deportivo da Coruña, que se xogará o día 5 de Decembro ás 16:15h no campo do “Mundo do Fútbol”, en Abegondo (A Coruña).
Ver documento orixinal da convocatoria na web da Federación Galega de Fútbol.

También podría gustarte
Comentarios