Resultados do Xuvenil-Matojoma de piragüismo a pasada fin de semana

Fin de semana cargada de competición das ligas galegas de piragüismo.


Esta vez o equipo pontés do Xuvenil-Matojoma tivo que desprazarse dúas veces ata a cidade da Coruña onde o club local, o Piragüismo As Xuvias, organizou sendas regatas.

O sábado tocáballes aos infantís participar no campionato galego da categoría en embarcacións dobres (K2 e C2) sobre a distancia de 3000m. Nesta ocasión as padexeiras pontesas Ada Fernández e Inés Domínguez (infantil-A) quedaron ás portas da medalla rematando cuartas galegas. Os “debutantes” Iker Ramil e Lois Barcelo (infantil-B) remataron no 19º posto na súa categoría.

O domingo tocou turno aos máis maiores na Travesía da Pasaxe, no mesmo escenario que a anterior regata pero sobre distancias de 6000 m para cadetes e 8000 m para os demáis. Destacamos o 5º posto de Celia Durán (Muller cadete k1), os primeiros postos dos k2 veteranos, Antonio Polo e Carlos Pedreira en veterano-A e José García e Ernesto Gancedo en Veterano-B, tamén en k2 os senior Miguel Domínguez e Adrián Paz foron 15º e os cadetes Antón García con Pablo Vispalia e David García con Lucas Valle remataron 11º e 21º respectivamente.

Fotos cortesía de Alfonso Gaiteiro
Nova cortesía do

También podría gustarte
Comentarios