Amigus
As Pontes

ENDESA, á cabeza da emisión de dióxido de azufre en España

Lendo diariodeferrol.com:
“O colectivo Ecoloxistas en Acción acaba de editar un informe no que analiza a calidade do aire no entorno das centrais termoeléctricas, como a central de ENDESA das Pontes. O documento advirte das altas emisións á atmósfera que se están a producir a pesares das limitacións previstas no protocolo de Kioto.”…


…”Segundo se indica neste informe, a comunidade galega, con só tres centrais térmicas, emite case o 40% de todo o dióxido de azufre das centrais españolas. A das Pontes segue ostentando a dubidosa honra de ser a que máis emisións deste tipo lanza á atmósfera en todo o estado, con 336.000 toneladas durante 2002, o que significa o 77% das emisións totais de Galicia.
As cifras aportadas no documento indican que en 2000 a central pontesa produxo 71.000 toneladas de dióxido de azufre, cifra que ascendeu a 315.000 en 2001 e seguiu medrando ata as 226.000 rexistradas en 2002.”…
Fonte: diariodeferrol.com

También podría gustarte
Comentarios